'Rutas de Arquitectura' pola provincia

sáb08outConsultar'Rutas de Arquitectura' pola provinciaArquitectura do século XX(Consultar: sábado) Provincia de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes, propón unha nova edición das Rutas de Arquitectura e ofrece percorridos nos que perderse entre pazos e mosteiros, arquitectura civil e relixiosa, para coñecer de preto os exemplos máis sobranceiros da provincia.

Desenvolveranse entre setembro e outubro polos concellos de Vila de Cruces, Silleda, Vilagarcía, Vigo, Portas e Caldas, co obxectivo do sensibilizar a cidadanía na importancia da arquitectura do século XX, modernista e racionalista que tingue a provincia.

Serán catro visitas comentadas sobre época, ética e estética nuns percorridos que terán lugar os sábados en horario de mañá e que estarán guiados por expertos e expertas galegos en arquitectura e historia: Estefanía López, Luz Paz e Javier Gómez.

Iniciaranse 17 de setembro no Deza, cunha ruta guiada pola doutora en Arquitectura, Luz Paz, na que se visitará o Poboado de Fontao en Vila de Cruces e en Silleda o Mosteiro de Carboeiro.

O día 24 de setembro celebrarase o segundo percorrido en Vilagarcía, onde as persoas participantes visitarán unha selección de vivendas unifamiliares e edificios modernistas e racionalistas da man da doutora en Arquitectura Estefanía López.

Xa en outubro, o día 1  terá lugar a ruta por Vigo, guiada tamén por Estefanía López, que inclúe paradas no Teatro García Barbón, o convento das Salesas, edificios como Sanchón ou Curbera e a ermida do monte da Guía.

E o 8 de outubro o programa chegará á comarca do Ulla-Umia con Paula Pita, doutora en Historia da Arte, que guiará un percorrido que arranca pola Azucreira de Portas e continuará en Caldas polos balnearios Acuña e Davila, o Xardín Botánico, a carballeira e a fervenza de Segade.

As persoas interesadas en participar poden anotarse no correo roteiros.cultura@depo.es (entradas esgotadas) e poderán anotarse como máximo en dúas rutas, e cun tope de 4 persoas por reserva.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Provincia de Pontevedra

Está pasando!