Rutas de sendeirismo en Bueu

sáb06ago10:00Rutas de sendeirismo en BueuConcello de Bueu10:00 Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

O Concello de Bueu porá en marcha este verán o programa de rutas de sendeirismo coas que se busca a divulgación do patrimonio natural e cultural da vila e o fomento de hábitos saudables. Para cada ruta habilitaranse vinte prazas e as persoas interesadas deberán inscribirse previamente e de balde aquí, ou ben a través do teléfono 986 390 029 (ext. 5) e do correo electrónico turismo@concellodebueu.gal.

O luns 25 de xullo será a primeira das saídas, que percorrerá o sendeiro de Ermelo; e continuarase o 6 de agosto polo sendeiro de Chans, o 20 de agosto, por Udra, e rematarase o 3 de setembro pola Ruta dos Muíños.

As camiñadas arrancarán ás 10:00 horas da mañá e percorreranse todas as parroquias e puntos de interese do Concello, co obxectivo de dar a coñecer a fondo a vila morracense.

Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, salienta que “levamos moitos anos apostando por un turismo sostible e de posta en valor do noso medio”, e estas rutas contan con moita acollida tanto por parte da veciñanza como da cidadanía que visita a localidade morracense ano tras ano.

Rutas “Sabor e mar”

A maiores destes, ata mediados de setembro, tamén se desenvolven as rutas “Sabor e mar” co que se busca achegar os recunchos naturais, culturais e gastronómicos da vila. Cun custe de 6 euros por persoa, estas camiñadas comezarán ás 10.00 horas, e constarán dunha ruta guiada e a elaboración dunha tapa mariñeira por parte dunha cociñeira profesional, que se poderá degustar ao remate na Praza de Abastos.


Hora

(Sábado) 10:00

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!