Lois Pérez | ‘Sete Falares’

'Sacar a lingua a p(r)acer'

ven12nov21:00'Sacar a lingua a p(r)acer''Risadas Contadas'21:00 Centro Cultural Xaime Illa - Poio

Detalles do Evento

Dentro do ciclo ‘Risadas Contadas’, o venres 12 de novembro, Lois Pérez presenta no Centro Cultural Xaime Illa o espectáculo de narración oral ‘Sacar a lingua a p(r)acer’.

As historias que conflúen nas contadas de ‘Sacar a lingua a p(r)acer’ mesturan o humor, a tradición oral, a literatura galega e universal e os sucedidos, aqueles feitos que o contador de historias Lois Pérez escoitou ou dixo que escoitou polo mundo adiante. Así, en áxil carreira constante polo seu cerebro, as historias van mudando dependendo do día, a hora e o estado de ánimo do animal escénico (máis animal ca escénico!).

As sesión de ‘Risadas Contadas’, con representacións teatrais en chave humorística e monólogos serán os venres ás 21.00 horas e precisarán de reserva previa  a través do correo electrónico anotaculturapoio@gmail.com.

Este evento forma parte do programa ‘Anota! Cultura’, unha iniciativa da Concellaría de Cultura de Poio que ofrecerá á veciñanza monólogos, proxeccións, espectáculos humorísticos ou representacións teatrais, entre outras actividades.


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Centro Cultural Xaime Illa

Rúa Igrexa, 21, 36992 Raxó, Poio

Está pasando!