Sanxenxo no Nadal 2022

xov08dec16:30xov19:30Sanxenxo no Nadal 2022Concello de Sanxenxo16:30 - 19:30 Concello de Sanxenxo - Sanxenxo

Detalles do Evento

Un ano máis, a asociación Entretendas Centro Comercial Urbano en colaboración co Concello de Sanxenxo encargarase de converter o acto oficial do aceso do alumeado de Nadal na Praza de Pascual Veiga o sábado 3 de decembro ás 18:00 horas, nunha auténtica festa na que non faltará a música, unha zona “glitter” e animación para os asistentes. Ademais, repartiranse 350 paus de espuma luminosos led e realizaranse sorteos.

O alumeado de Nadal, co que se busca dinamizar a economía local e xerar un ambiente festivo nas rúas permanecerá acendido ata o 8 de xaneiro, desde as 18:30 horas ata a unha da madrugada. Co aceso dará comezo un amplo programa de actividades que terá como obxectivo espremer ao máximo o ambiente festivo nas rúas, prazas e lugares públicos do municipio, nunha época que está chamada a converterse na terceira tempada turística do ano.

En total colocaranse 406 elementos decorativos led que se estenderán por 55.886 metros cadrados do municipio. Un ano máis, o Concello aposta por levar a decoración do Nadal as sete parroquias en forma de recunchos ou espazos que convidarán a inmortalizar a visita cunha fotografía.

PROGRAMA ‘SANXENXO NO NADAL 2022’

SÁBADO 3 DE DECEMBRO

  • 18.00 h. ACTO ENCENDIDO ALUMEADO DE NADAL. Praza Pascual Veiga. Colabora: Entretendas CCU

3 DE DECEMBRO – 7 DE XANEIRO

  • PROGRAMACIÓN DE NADAL. RÚA DOS VIÑOS DE PORTONOVO. Mercado de Nadal _ Talleres _ Música. Organiza: Asoc. Rúa dos Viños

SÁBABO 3 E DOMINGO 4 DE DECEMBRO

  • VILALONGA ALDEA NAVIDEÑA. Organiza: Asoc. Cultural Os Cruceiros. Colabora: Asoc. MMRR A Candelaria

DOMINGO 4 DE DECEMBRO

  • 11.00 a 14.00 h. BÚSQUEDA DO TESOURO. Sanxenxo no Nadal. Para nenos/as de 5 a 12 anos. Praza dos Barcos. Inscrición

DOMINGO 4 DE DECEMBRO

  • 17.30 h. UN CONTO DE NADAL. Espectáculo musical-familiar con La Oca Band. Auditorio Emilia Pardo Bazán. Entradas de balde. Reserva no 986 727 936

LUNS 5 DE DECEMBRO

  • 16.30 a 19.00 h. XOGOS TRADICIONAIS. Sanxenxo no Nadal. Para nenos/as de 5 a 12 anos. Praza dos Barcos. Inscrición

6 DE DECEMBRO – 7 DE XANEIRO

  • BOSQUE DO NADAL. Carballeira de Noalla. Organiza: Asociación Xuvenil A Esmorga

MARTES 6 DE DECEMBRO 

  • 12.00 a 15.00 h. BINGO SOLIDARIO. Sanxenxo no Nadal. Amenizado por Sobretodo Ella, con degustación. Praza dos Barcos. Os fondos recaudados serán doados ás asociacións colaboradoras. Colaboran: Asoc. Neen@s, Banco de Alimentos, Caritas, AECC, Peludos Invisibles
  • 16.00 a 19.00 h. OBRADOIRO DE REPOSTERÍA. Sanxenxo no Nadal. Para nenos/as de 5 a 16 anos. Praza dos Barcos

MÉRCORES 7 DE DECEMBRO 

  • 18.00 a 24.00 h. CONCERTO. Sanxenxo no Nadal. Concerto de Djs a cargo de: Groove Amigos, Jorge Álvarez, Adrián Gold, Zoe Rey e Marcos D. Praza dos Barcos

XOVES 8 DE DECEMBRO

  • 16.30 a 19.30 h. VISITA DO TRASNO FANTÁSTICO. Sala Nauta

VENRES 9 DE DECEMBRO

  • 20.30 a 22.30 h. CONCERTO. Sanxenxo no Nadal. Concerto a cargo de Terapia de grupo. Praza Pascual Veiga

SÁBADO 10 DE DECEMBRO

  • 19.00 h. (entrada recinto 18.00 h). AUTOCINE DE NADAL. ‘Clifford, El gran perro rojo’. Praza do Mar

DOMINGO 11 DE DECEMBRO

  • 11.00 a 14.00 h. OBRADOIRO DE MANUALIDADES. Sanxenxo no Nadal. Para nenos/as de 5 a 12 anos. Sala Nauta. Inscrición
  • 17.00 h. ESPECTÁCULO DE MAXIA. Sanxenxo no Nadal. Praza Pascual Veiga
  • 19.00 h. FESTIVAL DE PANXOLIÑAS 2022. Usos Múltiples de Portonovo. Organiza: Asoc. Coral Polifónica Sta. María Adina de Portonovo

VENRES 16 DE DECEMBRO

  • 17.30 h. AXÓUXERES E PANXOLIÑAS DE NADAL, CONTACONTOS. Público familiar a partir de 3 anos. Biblioteca de Portonovo. Inscrición: no teléfono 986 691 149

SÁBADO 17 DE DECEMBRO

  • 18.00 h. FESTIVAL SOLIDARIO DE PANXOLIÑAS. Auditorio Emilia Pardo Bazán. Entrada de balde. Organiza: Asoc. Neen@s e +QCantigas. Colabora: Deputación de Pontevedra, Concello de Sanxenxo

DOMINGO 18 DE DECEMBRO

  • 18.00 h. ESPECTÁCULO FAMILIAR. Auditorio Emilia Pardo Bazán. Entrada de balde

OBRADOIROS DE NADAL

  • 11.00 a 13.30 h. Contacontos, xogos e obradoiros. PRAZAS LIMITADAS. De 3 a 12 anos. Inscrición dende o 12 de decembro ata cubrir prazas no 986 675 444
    ▸ 23 e 26 de decembro na Casa de Cultura de Adina
    ▸ 27 e 28 de decembro no Pazo Emilia Pardo Bazán
    ▸ 29 e 30 de decembro no Pavillón de Vilalonga

VENRES 23 DE DECEMBRO

  • 18.00 h. IMOS CANTAR ÁS XANEIRAS. Pasarrúas, actuación de pandeiretas a cargo de A.C. Abiñadoira (Ao remate haberá chocolatada). Rúas do centro de Sanxenxo e Praza Pascual Veiga

SÁBADO 24 DE DECEMBRO

  • 16.00 h. PANXOLIÑAS CO APALPADOR. Lugares de Dorrón. Organiza: Asoc. Soalleira de Dorrón
  • 16.30 h. CICLOCABALGATA DE PAPANOEL. Saída da Piscina Municipal. Organiza: Club Ciclista Corbelo
  • 18.00 a 19.30 h. Recepción de PAPÁ NOEL EN PORTONORTE. Casa Mariñeira D. Fernando. Permanecerá aberto ata o 8 de xaneiro. Colabora: Asoc. Rúa dos Viños

DOMINGO 25 DE DECEMBRO

BELÉN VIVINTE

  • Igrexa de Noalla | 12.00 h. Organiza: Asoc. Cultural Comisión de Festas Virxe do Carme de Noalla. Colabora: Airiños da Lanzada, A Esmorga, S.D. Noalla e CC. de Montes de Noalla
  • Escola de Educación Infantil de Aios | 13.00 h. Organiza: Asoc. Xuvenil Os Raposos de Aios

MÉRCORES 28 DE DECEMBRO

  • 17.00 h. VISITA DO APALPADOR. Programa Nadal en galego. Parque do Espiñeiro, Portonovo. Organiza: Deputación de Pontevedra

VENRES 30 DE DECEMBRO

  • 20.30 h. DESPEDIDA DO ANO VELLO. Casa de Cultura de Dorrón. Organiza: Asoc. Soalleira de Dorrón

SÁBADO 31 DE DECEMBRO

  • 16.30 h. CHAPUZÓN POR UNHA ILUSIÓN. Iniciativa solidaria coa Fundación Aladina. Praia de Silgar. Inscrición o mesmo día a partir das 15.30 h. Organiza: Fundación Aladina e Concello de Sanxenxo
  • 20.00 h. ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO FIN DE ANO. Porto Deportivo Juan Carlos I

MÉRCORES 4 DE XANEIRO

  • 10.30 a 12.00 h e 12.00 a 13.30 h. Obradoiros de Maxia PEDRO VOLTA. Para nenos/as de 5 a 12 anos. Pazo Emilia Pardo Bazán. Inscrición previa no 986 727 936
  • 18.00 h. A Maxia do Nadal con PEDRO VOLTA. Auditorio Emilia Pardo Bazán. Entrada de balde ata completar aforo

XOVES 5 DE XANEIRO

  • 11.00 h. TREN MAGO POLAS PARROQUIAS
  • 16.30 a 19.30 h. RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS. Sala Nauta
  • 19.30 h. CABALGATA DOS REIS MAGOS. Percorrido: Praza dos Barcos, Avd. do Porto, Paseo de Silgar, Avd. Galicia, Rúa Rafaél Picó finaliza na lonxa de Portonovo onde os Reis Magos se despedirán

VENRES 6 DE XANEIRO

  • 13.00 h. BELÉN VIVINTE E CABALGATA DE REIS. Escola de Educación Infantil de Aios. Organiza: Asoc. Xuvenil Os Raposos
  • 17.00 h. CABALGATA DE REIS DE NOALLA. Organiza: Asoc. Cultural Comisión de Festas Virxe do Carme de Noalla. Colabora: Airiños da Lanzada, A Esmorga, S.S. Noalla e CC. de Montes de Noalla
  • 19.30 h. CONCERTO DE REIS A CARGO DA BANDA MÚSICA DE SANXENXO. Pazo Emilia Pardo Bazán. Organiza: Sociedad Musical Sanxenxo

 

Hora

(Xoves) 16:30 - 19:30

Localización

Concello de Sanxenxo

Está pasando!