'Smoke on the Water' en Pontevedra

xov10nov21:00'Smoke on the Water' en PontevedraPonteatro21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Enmarcado no ciclo Ponteatro, a compañía Ibuprofeno Teatro porá en escena no Teatro Principal de Pontevedra a obra ‘Smoke on the Water’.

Ritchie (Blackmore) vive ancorado no Rock and roll dos anos 70, ten unha tenda de coleccións de discos e vinilos. Janis (Joplin) leva anos sen cantar, está estudando filosofía na universidade.

A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso insalubre, un sistema de relacións e dependencias imposibles de desentrañar. E

ste absurdo ‘statu quo’, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un xigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, mentres establece unha profunda amizade con Ritchie.

A intervención de Joan Baez, unha empregada bancaria que xestiona a hipoteca de Ritchie, cliente de Álex, trae un final pateticamente feliz ao enredo amoroso-financeiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.

Con dirección e texto de Santi Cortegoso conta no seu elenco con Josito Porto e Belén Constenla entre outras.

Entradas anticipadas á venda desde 8 euros en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!