‘Smoke on the water’ en Vilagarcía

sáb11feb20:30sáb23:50‘Smoke on the water’ en VilagarcíaTraxicomedia sórdida con música en directo20:30 - 23:50 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O venres 11 de febreiro ás 20:30 horas, Ibuprofeno Teatro presenta ‘Smoke on the water’, unha traxicomedia sórdida con música en directo dirixida por Santiago Cortegoso e protagonizada polo vilagarcián Josito Porto, xunto con Belén Constenla, Adrián Ríos e María Costas, ademais do músico Mon Orencio.

Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor.

Ritchie (Blackmore) vive ancorado no Rock and roll dos 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este “status quo” absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie.

A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredo amoroso-financeiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.

As entradas para asistir a este espectáculo pódense adquirir de forma anticipada a través Ataquilla.com (máis custes de xestión). De non esgotarse, tamén se poderán adquirir o mesmo día da función na billeteira do Auditorio dende dúas horas antes do inicio do espectáculo.


Hora

(Sábado) 20:30 - 23:50

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!