'Social Pilgrims II'

mér05out19:30'Social Pilgrims II'obradoiro de creación de filtros para redes sociais19:30 Casa dos Alonso - A Guarda

Detalles do Evento

O Concello da Guarda acolle o vindeiro día 5 de outubro un obradoiro para a creación de filtros de realidade aumentada para redes sociais. A actividade está orientada a un público xeral a partir dos 12 anos. Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

O taller levarase a cabo na Aula Municipal, na Casa dos Alonso o vindeiro día 5 de outubro, ás 19:30 horas.

O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia e estará impartida por monitores de Ceo Aberto Divulgación. Nestas sesións prácticas procurarase familiarizar as/os usuarias/os das principais redes sociais (Facebook, Instagram, TikTok) coas ferramentas de creación de filtros de Realidade Aumentada e a súa posterior incorporación aos propios perfís.

Asemade, falarase dos riscos de seguridades das redes sociais e daranse pequenas claves de como protexer os nosos contidos ao tempo que optimizamos o rendemento e impacto das nosas publicacións.

Na actividade, que é de balde,  poderase inscribir calquera persoa interesada a partir dos 12 anos de idade no mail de OMIX A Guarda informacion@aguarda.es


Hora

(Mércores) 19:30

Localización

Casa dos Alonso

Praza do Reló 36780 A Guarda

Está pasando!