'Sofá', danza e humor na Guarda

xov14xul20:30'Sofá', danza e humor na GuardaPROGRAMA 'MIÚDO VERÁN'20:30 Auditorio de San Benito - A Guarda

Detalles do Evento

Na xornada do xoves día 14 de xullo ás 20:30 horas o Auditorio de San Benito será o escenario para a realización do espectáculo de danza e humor ‘Sofá’.

Nesta actividade dirixida a público infantil, xuvenil e adulto atopamos a unha parella e o seu sofá. A parella son Marta e Pablo, dúas persoas normais. O sofá é o lugar no que descansan e esquecen o que está fóra. O mundo: traballo mal remunerado, guerra, ameazas nucleares, catástrofes ecolóxicas, virus asasinos invisibles, normas arbitrarias, pobreza, esgotamento. Pablo e Marta están enfermos. Enfermos de cansazo e aburrimento. Pero téñense a unha ó outro, teñen un sofá, e saben bailar. Non todo está perdido.

A asistencia aos eventos de ‘Miúdo Verán’ é de balde ate completar o aforo dispoñible en cada caso, a alternativa no posible caso de choiva comunicarase nos días previos a cada evento.


Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Auditorio de San Benito

36780 A Guarda

Está pasando!