xuño, 2021

11xuñ(xuñ 11)20:0013xuñ(xuñ 13)20:00"Microspectivas dun Marica Millennial"Incendiaria20:00 - 20:00 (13) Sala Ártika, VigoEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

Dentro do I Ciclo de Danza e Artes en Movemento (CDAM), a Sala Ártika acolle o espectáculo “Microspectivas dun Marica Millennial”, unha re-construción de Davide González dirixida por Vanesa Sotelo.

“Microspectivas dun Marica Millennial” é un espectáculo íntimo e cargado de poesía desde o que cuestionar certezas impostas que predestinan a construción da identidade.

A partir da música e as artes do movemento, “MMM” ofrece un espazo de transo no que redescubrir as raíces e refundar o presente.

Coa reivindicación da propia identidade e a memoria como principal motor para a toma de consciencia e como impulso creador, o resultado da peza é unha viaxe sensorial que camiña polos lindes da performance, a instalación, a música, as artes do movemento e a creación escénica contemporánea.

Datas e hora: 

  • Venres 11 de xuño ás 20:00 h.
  • Sábado 12 de xuño ás 20:00 h.
  • Domingo 13 de xuño ás 20:00 h.

Prezo: 

  • Entrada Xeral: 14,00 €
  • Entrada Anticipada: 10,00 € + gastos de xestión (dispoñible ata 1h antes do evento) á venda en artikavigo.com

Idade recomendada: + 16 anos

Duración: 60 min


Hora

11 (Venres) 20:00 - 13 (Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!