'Soy una nuez' en Pontevedra

dom30out12:00'Soy una nuez' en Pontevedradomingos do principal12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Enmarcado no programa Domingos do Principal, a compañía Zum Zum Teatre (Catalunya) porá en escena o domingo 30 de outubro o espectáculo ‘Soy una nuez’.

A avogada Marinetti é unha muller implacable e amargada que denunciou a case toda a veciñanza. A súa vida cambia o día en que Omar, un neno refuxiado, cae dunha rama da súa nogueira.

O neno transforma a súa vida por completo e para poder quedar con el, afirma que é unha noz e que, segundo unha antiga lei, todos os froitos que caen no seu xardín perténcenlle.

O xuíz e o fiscal, incrédulos, escoitan ás testemuñas. Mentres, Omar lembra como tivo que fuxir dun país en guerra e como perdeu aos seus pais no mar, esperando ter unha oportunidade na vida.

  • Premio FETEN 2021 Mellor dirección – Ramón Molíns
  • Premio FETEN 2021 Interpretación coral

Teatro de actor recomendado a partir de 4 anos e público adulto.

Duración 60 minutos.

Dous pases: matinal ás 12:00 horas e de tarde ás 18:30 horas.

O público interesado pode mercar anticipadamente en Ataquilla.com os abonos para todo o ciclo a un prezo de 19 euros + gastos ou entradas soltas para os espectáculos, a un prezo único de 4 euros + gastos.

De non esgotarse na venda anticipada, o despacho de billetes do Teatro Principal abrirá unha hora antes de cada pase.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!