novembro, 2022

Detalles do Evento

Enmarcado no ciclo Ponteatro, a compañía Mar Mar Teatro (Euskadi) porá en escena no Teatro Principal de Pontevedra a obra ‘Tarzán en el diván’.

Un visitante do zoolóxico abriu as gaiolas dos animais deixando as feras en liberdade. Leóns, panteras e gorilas pasean polas rúas con total liberdade causando un pánico indescritible…

O responsable deste caos é levado á consulta dun psicólogo que inmediatamente o tomba no diván. “Como se chama?” “Din que son John Clayton, terceiro conde de Greystoke, pero eu son… Tarzán dos monos!” Esta resposta acende todas as alarmas do doutor, non lle cabe a menor dúbida, trátase dun caso de dobre personalidade e necesita urxentemente unha terapia.

Espectáculo recomendado a partir de 6 anos.

Duración: 60 minutos.

Dous pases: matinal ás 12:00 horas e de tarde ás 18:30 horas.

O público interesado pode mercar anticipadamente en Ataquilla.com os abonos para todo o ciclo a un prezo de 19 euros + gastos ou entradas soltas para os espectáculos, a un prezo único de 4 euros + gastos.

De non esgotarse na venda anticipada, o despacho de billetes do Teatro Principal abrirá unha hora antes de cada pase.

Hora

(Domingo) 18:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!