agosto, 2020

10ago22:00The ManuelesPrograma "Convida Bueu 2020"22:00 Parque Xose Novas, Beluso, BueuEvento tipo:Música

Detalles do Evento

O Concello de Bueu organiza durante todo o verán o programa “Convida 2020”, que ofrecerá espectáculos musicais, escénicos e cinematográficos para toda a familia. Todos estes eventos contan coas garantías de seguridade e saúde establecidas con motivo da Covid-19, polo que son totalmente seguros.

O luns 10 de agosto, o Parque Novas de Beluso acollerá a actuación de The Manueles ás 22.00 h.

Este grupo de surf rock, formado polo guitarrista Virxilio da Silva, o baixista Juansi Santomé e o batería Chus Pazos, repasa o legado que deixou a inspiración do fundador do estilo, na costa californiana dos últimos cincuenta anos. Manuel Freitas, emigrante de Beluso en California, creou o grupo xerme do estilo, The Black Rinchas, sen chegar a gravar nunca un disco. A pesar do seu nulo legado discográfico, a súa lenda inspirou a grupos posteriores como The Shadows, The Ventures, Dick Dale ou Link Wray.

+info. en concellodebueu.gal

Hora

(Luns) 22:00

Localización

Parque Xose Novas, Beluso

Parque Xose Novas, Beluso

Está pasando!