abril, 2021

25abr18:00'The Show Moscón'Galitoon18:00 Auditorio da Xuventude, CambadosEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

Galitton presenta o espectáculo “The Show Moscón, dentro ciclo de teatro infantil e familiar organizado polo Concello de Cambados.

“The Show Moscón” é un crco de monicreques ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordo e rollizo. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior.

Dentro do armario do show, poderemos gozar de verdadeiras Divas da canción, absurdos números musicais, horribles Magos e Mentalistas, incribles bebés equilibristas , marabillosos números de Danza e un sen fin de humor…

Prezo: 3,5 € (normal) e 2,5 € (reducida). Venta anticipada no Espazo Torrado e 1 hora antes da función no propio auditorio da Xuventude.

Aforo limitado con todalas medidas de prevención da Covid-19 por unha Cultura segura.

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio da Xuventude

Rúa San Francisco, 3, 36630 Cambados

Está pasando!