agosto, 2020

TI© EMPRENDESo teu rural ten futuroDurante todo o ano (2020) Provincia de PontevedraEvento tipo:Formación

Detalles do Evento

TI© EMPRENDES é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra que pretende mellorar a empregabilidade, tanto por conta propia como allea, da mocidade que habite ou vaia habitar nalgún dos concellos rurais da provincia. O seu obxectivo é formar 390 persoas mozas en 26 accións formativas específicas e de emprendemento, co fin de vinculalas co seu entorno e evitar o despoboamento do rural.

O procedemento para a preinscrición rexerase polo establecido nas bases de selección das persoas participantes no proxecto “TI© EMPRENDES”.

Poderás inscribirte en calquera das accións formativas, xa sexan no concello no que estás empadroada/o ou nas de calquer outro municipio participante.

A duración de cada acción formativa é de 125 horas lectivas, a razón de 5 horas diarias de formación presencial. As accións formativas son as seguintes:

  • Aplicacións Móbiles
  • Venda de Produtos e Servizos Turísticos
  • Operacións Básicas de Pisos en Aloxamentos
  • Creación e Xestión de Tendas en Liña
  • Servizos de Bar e Cafetería
  • Organización e Xestión de Almacéns
  • Márketing Dixital: Estratexias SEO, SEM, Redes Sociais e Análise de Tráfico Web
  • Guía por Itinerarios en Bicicleta
  • DJ (intensivo)
  • Contidos Dixitais: Imaxe, Vídeo e Videoxogos
  • Monitora ou Monitor Deportivo: Acondicionamento Físico en Grupo con Soporte Musical

Para a execución destas accións formativas a Deputación de Pontevedra realizará un procedemento de contratación pública mediante o cal se lles adxudicará a unha ou a varias empresas a prestación dos servizos de formación.

A información actualizada relativa a datas, lugares e accións formativas que se van desenvolver poderá consultarse na páxina web da Deputación de Pontevedra a medida que avance o proxecto.

+info. en depo.gal/tic-emprendes

Hora

Durante todo o ano (2020)

Localización

Provincia de Pontevedra

Está pasando!