Inauguración da exposición no Multiusos da Xunqueira | © Concello de Redondela

Traballos do XVI certame convocado polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy

mér12xanConsultarven28xanTraballos do XVI certame convocado polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroyexposición de fotografía(Consultar) Auditorio da Xunqueira - Redondela

Detalles do Evento

O multiusos da Xunqueira acolle, ata o vindeiro 28 de febreiro, a exposición das obras participantes na décimo sexta edición do concurso de fotografía convocado polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy e no que a instantánea ‘Libre’ de Manoel Souto Lorenzo, foi merecedora do premio á mellor fotografía do certame.

A exposición amosa todos os traballos presentados a este certame cada día máis consolidado e cita obrigada para os e as amantes da fotografía. A mostra chega ao multiusos da Xunqueira logo de estar exposta no Círculo Cultural e Deportivo de Cesante, lugar que tamén foi escenario da gala de entrega dos premios no pasado mes de decembro.

Cómpre lembrar que, amais do premio obtido por ‘Libre’ de Manuel Souto Lorenzo, o cadro de galardonados e galardonadas, na categorá de adultos, o completaba Susana Ricón Soliño con ‘Texturas’ (1º premio), Jesús Carrera Álvarez con ‘Cuando llueve y hace sol’ (2º premio) e Tirso Fermoselle Martín con ‘Posando para mí’ (3º premio).

No que a categoría xuvenil fai referencia, os premios recaían en Aroa González Mosquera con ‘Detalliños’, mentres que na segunda praza foi para María Auria Nieto coa fotografía ‘Outeiro das Penas’.

Hora

xaneiro 12 (Mércores) - 28 (Venres)

Localización

Auditorio da Xunqueira

Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela

Está pasando!