This is a repeating event

'Un conto de Nadal', sesións de contacontos e obradoiros

sáb11dec17:00'Un conto de Nadal', sesións de contacontos e obradoiros'A maxia de Nadal está no Castelo'17:00 Castelo de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Dentro da programación ‘A maxia de Nadal está no Castelo’, organizada pola Deputación de Pontevedra no Castelo de Soutomaior, haberá tamén sesións de contacontos e obradoiros baseados na obra “Un conto de Nadal” de Charles Dickens.

Serán oito sesións os días 4, 5, 11, 12, 18, 19, 26 de decembro e 2 de xaneiro ás 17:00 horas, con 30 prazas cada unha delas, dirixidas a crianzas de entre 4 e 9 anos.

O día 4 terá lugar un contacontos no que Pedro Madruga, coa axuda das e dos rapaces, salvará o Nadal; o 5 un obradoiro de arquitectura no que a cativada construirá e decorará un poboado de Nadal; o 11 terá lugar un contacontos sobre as tradicións do Nadal no mundo e un obradoiro con tintas para crear felicitacións, que tamén se repetirá o día 12.

Pola súa banda o día 18 haberá contacontos e un obradoiro para crear farois ecolóxicos con desexos; o 19 un experimento científico para fabricar neve e descubrir o que se atopa no interior dun iceberg; o 26 contacontos para descubrir os recunchos do castelo e un obradoiro para decorar a árbore de Nadal con materiais recollidos no percorrido; e xa o 2 de xaneiro realizarase unha ruta de sendeirismo polos xardíns do Castelo, onde nenas e nenos coñecerán os animais e plantas que habitan neles e rematarán decorando casiñas para paxaros.

Para participar nestes obradoiros hai que reservar praza en castelodesoutomaior@depo.es

Amais, este Nadal tamén abrirá por vez primeira as súas portas o ‘Muíño das Afreitas’. Despois da recente restauración da maquinaria xa está en funcionamento para que as nenas e nenos poidan ver a última moenda para facer os doces típicos do Nadal.  Tamén, ao igual que o pasado ano, haberá unha ‘caixa de correo de soños’, no Patio de Armas, na que tanto nenas e nenos como maiores poderán deixar os seus soños e desexos.


Hora

(Sábado) 17:00

Localización

Castelo de Soutomaior

Rúa do Rial, s/n, 36691, Soutomaior

Está pasando!