Urbtopías 2021

xov28out19:00Urbtopías 2021As cidades posibles19:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Marcada na liña do horizonte, a Utopía é ese lugar cara onde camiñar soñando novos xeitos de vivir e de entender a sociedade.

Un soño que sempre considerou a cidade como o espazo ideal onde poder materializar novas URBTOPÍAS que a través da arquitectura, o deseño e o urbanismo imaxinaran cidades alternativas e outras formas de habitar e relacionármonos.

A construción dunha Urbtopía significa soñar, máis tamén arriscar, aceptar os desafíos, concretar e marcar o rumbo que a faga realidade.

En Pontevedra queremos ser punto de ENCONTRO, DEBATE e REFLEXIÓN sobre o futuro dos espazos que habitamos e converter as nosas URBTOPÍAS en CIDADES POSIBLES.

Os encontros terán lugar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (Rúa Padre Amoedo Carballo, 3 Pontevedra).

A entrada para todos os encontros será libre até completar aforo.


 13 outubro – 19.00 h. 

REXENERAR O URBANO. ESPAZOS CULTURAIS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN

Diálogo entre David Chipperfield, arquitecto e Presidente da Fundación RIA e Ana Tomé, Directora Xerente da Fundación Museo Reina Sofía de Madrid, sobre o papel dos espazos culturais nos procesos de rexeneración urbana e social das cidades. Encontro moderado polo xornalista Alejandro Espiño.


 18 outubro – 19.00 h. 

RECREAR O ESPAZO PÚBLICO. A CULTURA COMO ESTRATEXIA

Diálogo entre Ana Luisa Amaral, escritora e gañadora da última edición do Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana; Manuel Vilas, escritor e finalista do Premio Planeta e Ramón Rozas, xornalista cultural, sobre o papel transformador da cultura para crear cidades inclusivas, seguras e sostibles, capaces de atraer e reter talento e xerar valor económico. Encontro moderado pola xornalista Pilar García Rego.


 21 outubro – 19.00 h. 

RECOMPOÑER A FORMA URBANA. A INCIDENCIA DO ESPAZO PÚBLICO

Diálogo entre Francisco Mangado, arquitecto e impulsor da Fundación Arquitectura y Sociedad; Joan Clos, ex-Director executivo de ONU Hábitat e presidente de AGORA, The New Urban Conversation e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; sobre a incidencia do espazo público na composición da forma urbana. Encontro moderado pola Directora Corporativa do diario Público, Ana Pardo de Vera.


 27 outubro – 19.00 h. 

REPENSAR O ESPAZO URBANO. NOVAS FORMAS DE HABITAR A CIDADE

Diálogo entre Teresa Táboas, arquitecta e membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) e Ramón Marrades, economista urbano e Director de Placemaking Europe, sobre a recuperación do espazo público e as novas formas de habitar as cidades para garantir a saúde, o benestar e o compromiso na acción contra o cambio climático, logo da pandemia da COVID 19. Encontro moderado pola xornalista Susana Regueira.

Hora

(Xoves) 19:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!