decembro, 2020

Detalles do Evento

Como en anos anteriores en que se realizaron as I, II e III Xornadas José Saramago, a I Cátedra Internacional José Saramago organiza este ano a V Conferência Internacional José Saramago – “Escrevo para compreender”.

Terá lugar nos próximos días 18 (tarde), 19 e 21 de decembro de 2020 e nesta ocasión a sede será o Museu Nacional da Imprensa, entidade coorganizadora do encontro, pero tamén se realizarán en liña, considerando a situación sanitaria. Poden encontrar máis información e o programa na seguinte ligazón:

https://catedrasaramago.webs.uvigo.gal

Nesta nova edición mantense o espírito multidisciplinar, aberto e cosmopolita das edicións anteriores. Contará coa contribución de investigadores de diferentes paises e continentes (Portugal, España, Polónia, EUA, Reino Unido, Arxentina e Brasil) que contribuirán con 35 intervencións sobre a obra e o pensamento de José Saramago nas que explorarán as grandes liñas temáticas tratadas nos anos anteriores (adaptadas ao presente contexto de crise global): literatura e arte como pensamento e activismo, o cambio climático e a pandemia actual, política e economía, ética, igualdade e xustiza social, educación e ensino. Sobre todo, haberá comunicacións (20 minutos), pero tamén 11 conferencias (30 minutos) de alguns dos mais importantes especialistas em José Saramago.

Desta Conferência nacerá unha recompilación de artigos saramaguianos: Dificílimo É o Ato de Escrever. Ensaios Saramaguianos I (título provisional), que se publicará arredor de xullo-agosto do próximo ano.

Programa da V Conferência Internacional José Saramago

Cartaz da V Conferência Internacional José Saramago

Hora

Todo o día (Venres)

Localización

Actividade online

Está pasando!