outubro, 2020

13outTodo o día17outV Festival de Cine Inclusivo de VigoAsociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN)(Todo o día) Auditorio Municipal de Vigo e Cine Salesianos, VigoEvento tipo:Ademais

Detalles do Evento

A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) organiza o Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte.

A quinta edición do VIIFF Festival de Cine Inclusivo de Vigo celebrarase do 13 ao 17 de outubro no Auditorio Municipal do Concello de Vigo e no Cine Teatro Salesianos.

Ademais de 28 proxeccións, o VIIFF contará con dous encontros online, nos que poderemos coñecer “Vida Perfecta”, de Leticia Dolera e “El último show” de Marianico el corto.

Tamén haberá un Café con CREA Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización.

Ao igual que o resto do festival, estas actividades pretenden crear conciencia sobre a inclusión no seu aspecto máis amplo.

Entrada de balde.


MARTES 13 DE OUTUBRO

  • 17:00 h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

CRIP CAMP. A DISABILITY REVOLUTION

VIG-IN DOC

“Crip Camp. A Disability Revolution” (2020) de James Lebrecht e Nicole Newnham. EE.UU. 108 min. V.O.S.E.

Esta produción dos Obama conta a historia do campamento de verán para mozos con discapacidade organizado por hippies nas montañas de Catskills que foi o berce da loita pola igualdade dos dereitos civís.

……

  • 20:30 h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

DE CHAQUE INSTANT

INAUGURACIÓN DO VIIFF

“De chaque instant” (2018) de Nicholas Philibert. Francia. 105 min. V.O.S.E.

Nicholas Philibert achégase ao proceso de formación dun grupo de enfermeiras para coñecer os seus desexos e medos.

En colaboración coa Alliance française de Vigo e o Institut française.


MÉRCORES 14 DE OUTUBRO

  • 17:00 h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

SECCIÓN DE CURTAS DOCUMENTAIS

SHORT-IN DOC

-“Carne” (2019) de Camila Kater. 12 min.
-”Un viaje inesperado” (2019) de María Guerra. 20 min
-”Woman” (2019) de Raúl de la Fuente. 20 min
-”Paraíso” (2020) de Mateo Cabezas. 20 min
-”Otra forma de caminar” (2020) de Laura Torrijos-Bescós. 20 min.
-”El monstruo invisible” (2020) de Javier Fesser y Guillermo Fesser. 35 min.

……

  • 20:30 h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

CUERDAS

FICCIÓN

“Cuerdas” (2019) de José Luis Montesinos. España. 87 min.
A primeira longametraxe de José Luis Montesinos narra a historia de supervivencia dunha moza en cadeira de rodas ante a ameaza inesperada durante o seu retiro nunha masia.


XOVES 15 DE OUTUBRO

  • 17:30 h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

MIDNIGHT FAMILY

VIG-IN DOC

“Urxencias en México DF” / “Midnight family” (2019) de Luke Lorentzen. México. 81 min.

Gañadora de máis de veinte festivais no mundo como Sundance 2020, narra a historia da familia Ochoa que loita a diario por ser a primeira en asistir coa súa ambulancia privada aos accidentados de México DF.

……

20:30 h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

REMEMBER ME

FICCIÓN

“Recuérdame” / “Remember me” (2019) de Martín Rosete. EE.UU. 88 min. V.O.S.E.

O filme, dirixido por Martín Rosete, achégase a historia de Claude que finxe ter Alzheimer para entrar na residencia onde está o seu primeiro amor, Lilian, para intentar axudarlle a recordar o seu pasado xuntos.


VENRES 16 DE OUTUBRO

17:30 h. Cine Salesianos

BAILANDO NA NÉBOA

FICCIÓN

“Bailando na néboa” / “Invisible Nematoma” (2019) de Ignas Jonynas. Lituania. 102 min. V.O.S.E

Jonas finxe que é cego para entrar nun concurso de televisión, converténdose nun dos participantes máis populares do show, e chamando así a atención de Vytas, un veño coñecido sedento de vinganza.

……

20:30 h. Cine Salesianos

ARA MALIKIAN: UNA VIDA ENTRE LAS CUERDAS

VIG-IN DOC

“Ara Malikian: una vida entre las cuerdas” (2019) de Nata Moreno. España. 90 min.

O documental sobre a vida do violinista Ara Malikian, de orixe libanés e ascendencia armenia, gañadora do Goya 2020 á mellor película documental, é un canto de esperanza para as persoas refuxiadas.


SÁBADO 17 DE OUTUBRO

  • 12:00 h. Charla telemática

CAÑA VIRTUAL CON AGAG

“O ÚLTIMO SHOW E A REPRESENTATIVIDADE DA TERCEIRA IDADE”

Webinar “O último show e a representatividade da terceira idade na ficción”, organizado pola Asociación Galega de Guionistas (AGAG).

A serie “El último show” foi premiada no prestixioso Festival de Televisión de Vitoria-Gasteiz, onde foi cualificada polo xurado como “moderna e estimulante”.

Na charla intervirán profesionais do sector audiovisual ligados a esta serie como son: Alex Rodríguez (creador desta serie e director de La casa de papel); Miguel Ángel Tirado, máis coñecido como Marianico el corto (actor); Luisa Gavasa (actriz); Sara Alquézar e Enrique Lojo (guionistas).

……

  • 16:00 h.

CAFÉ CON CREA

A RESPONSABILIDADE DOS CREADORES COMO NARRADORES DA REALIDADE

Os directores Noemí Chantada (‘La mujer invisible) e Alex Cancelo (‘Aysha) participarán no coloquio ‘A responsabilidade dos creadores coa realidade’.

……

  • 18:00 h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo

SECCIÓN DE CURTAS DE FICCIÓN

AUDIODESCRITAS E SUBTITULADAS

-”Homomaquia” de David Fidalgo. 14 min
-”Para sempre, Malévich” de Antón Veiga. 12 min
-”Orquesta Los Bengalas” de David Valero Simón. 21 min
-”Operación R.A.E” de Borja Álvarez. 6 min
-”El método PIGS” de Borja Kozlov. 23 min
-”Xoves de comadres” de Noemí Chantada. 18 min
-”There will be monsters” de Carlota Pereda. 5 min
-”Loca” de Maria Salgado Gispert. 15 min
-”Polter” de Álvaro Vicario. 11 min

Votación do Premio do Público e Entrega de Pemios.


A artista viguesa Abi Castillo é a autora do cartaz da V edición do Festival de Cine Inclusivo dedicado aos sanitarios.

“Quixen facer unha homenaxe a todos e todas as que nos coidan. A miña intención era transmitir fortaleza facendo protagonista a unha muller sanitaria entre focos de cine que apuntan cara fóra, proxectando un futuro que espero sexa mellor e nos faga máis conscientes do que é realmente importante”, explica a deseñadora. Nas vindeiras edicións do certame a organización espera contar con outros artistas locais para o deseño do cartel promocional, unha maneira de dar visibilidade ao talento local e de facer partícipe a cidadanía do evento.

Esta edición, que vén marcada pola crise sanitaria xerada polo COVID19, está dedicada aos sanitarios e, por ese motivo, na selección dos traballos audiovisuais presentados a concurso déuselles maior puntuación a aqueles que axudasen a dar a coñecer e valorar o traballo dos sanitarios.

+info. en festivalcinevigo.es

Hora

outubro 13 (Martes) - 17 (Sábado)

Localización

Auditorio Municipal de Vigo e Cine Salesianos

Está pasando!