Vilija Poskute & Tomas Daukantas Piano Dúo en Vilagarcía

mar28xuñ21:00Vilija Poskute & Tomas Daukantas Piano Dúo en VilagarcíaV Festival Internacional de Música Clásica clasclás21:00 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O Festival Internacional de Música Clásica clasclás presenta a súa V edición baixo o lema molto vivace! que reflicte o vertixinoso e consolidado éxito obtido polo certame ao longo das catro anteriores edicións, as dúas últimas celebradas baixo a pandemia do COVID 19. O festival celebrarase desde o luns 27 de xuño ata o sábado 2 de xullo de 2022.

Esta V edición desenvolverase novamente baixo a dirección artística do Guarneri Trío de Praga, agrupación de renome internacional do mundo da música clásica con 36 anos de carreira profesional ininterrompida na mesma formación inicial. Unha agrupación emblemática e lexendaria para un evento único.

O clasclás distribúe a súa actividade en catro programas diferenciados.

O festival mudou no 2021, e con grande éxito, o deseño das edicións iniciais cara a un Programa Artístico, baseado en agrupacións xa formadas en orixe, con ampla traxectoria profesional mesturada con novos artistas en alza tanto a nivel solista, coma en agrupacións de diferente composición.

O Programa de Masterclasses, de nova creación na IV edición, continuará apostando pola realización de acordos institucionais en colaboración con diferentes centros de estudos superiores de música, entre os que se atopan os de maior nivel de todo o pais. Por outra banda nesta V edición o programa das Masterclasses dirixirase ás especialidades instrumentais de violín, violonchelo e piano así coma a dúos formados por diferentes combinacións destes instrumentos.

Non esquecemos a necesidade de continuar apostando polo benquerido Programa Social e Comunitario, sempre que as condicións da situación epidemiolóxica o permitan, deseñado para achegar a música clásica a diferentes colectivos da nosa sociedade que por diferentes motivos ou causas non teñen facilidade suficientes para achegarse a ela, e que tantas alegrías ten provocado a todos os que participan no clasclás, asistentes, participantes e organizadores.

Nesta V edición completaremos a oferta co novo Programa clasclás a pé de rúa, no que diferentes agrupacións do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música realizarán actuacións en diferentes prazas e rúas de Vilagarcía, facendo partícipe do clasclás a toda a poboación da cidade.

Unha oportunidade máis, e xa sumamos cinco, na que disfrutar de música de alta calidade e dirixida a públicos diversos.

Comité organizador:

  • Presidente: Alberto Varela Paz, alcalde de Vilagarcía de Arousa
  • Vicepresidente executivo primeiro: Argimiro Serén Mera, concelleiro de Educación
  • Vicepresidenta segunda: Sonia Outón Casal, concelleira de Cultura
  • Dirección Artística: Guarneri Trío de Praga. Ivan Klanský, Čeněk Pavlík e Marek Jerie
  • Dirección Técnica: Rosina Sobrido Fernández e Vladimira Smausová
  • Coordinación Social e Comunitaria: María Galbán Zaragoza


Concertos:

  • Guarneri Trio Praga. Luns 27 de xuño / 21:00 h. / Auditorio Municipal
  • Vilija Poskute & Tomas Daukantas Piano Dúo. Martes 28 de xuño / 21:00 h. / Pazo da Golpelleira
  • Cuarteto Caramuxo. Mércoles 29 de xuño / 21:00 h. / Pazo de Rubiáns
  • Jan Mráček y Lukáš Klánský. Xoves 30 de xuño / 21:00 h. / Praza da Peixería
  • Cuarteto Quiroga. Venres 1 de xullo / 21:00 h. / Auditorio Municipal
  • Geneva Brass. Sábado 2 de xullo / 21:00 h. / Auditorio Municipal

Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com


Hora

(Martes) 21:00

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!