'Verán en Ruta': Senda Costeira

dom03xul10:30dom23:59'Verán en Ruta': Senda CosteiraRutas guiadas gratuítas por cangas10:30 - 23:59 Concello de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Será unha ruta amena e interactiva na que aprenderemos un pouquiño máis sobre a nosa natureza e a nosa cultura. Percorreremos esta senda litoral gozando das súas vistas e escoitando as ondas do mar, algo que é unha actividade adecuada e moi recomendable para todo o mundo.

Respecto aos contidos, coñeceremos a orixe do túnel de Areamilla, falaremos dalgúns dos naufraxios máis importantes da historia sucedidos na Borneira e visitaremos as espectaculares furnas. Tamén haberá tempo para aspectos relacionados coa riqueza paisaxística e natural xa que remataremos no complexo dunar de Liméns.

Verán en Ruta 2022

Para Cangas A Illa dos Ratos presenta un programa de rutas que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “Cangas 1617, A defensa da Vila” ou “Rúas con Historia“, mesturados con outras rutas tamén moi interesantes como “Senda Costeira de Areamilla” , “Cabo Home e a Costa da Vela” ou a ruta máis esperada por moitos de vós “Aldán, un condado a beira do mar“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio hai un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaranse as correspondentes listas de espera.


Hora

(Domingo) 10:30 - 23:59

Localización

Concello de Cangas

Está pasando!