xuño, 2021

04xuñ18:0019:00'Verbateca'Programa Apego18:00 - 19:00 Xardíns do Doutor Marescot, PontevedraEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

O programa Apego trae o obradoiro de palabras ‘Verbateca’, para cativada de 4 a 6 anos da man de Mekané.

Venres 4 de xuño, de 18:00 a 19:00 h. nos xardíns do Doutor Marescot.

Inscrición ata 15 familias. Actividade deseñada para achegarse ao vocabulario cotián, de xeito que superando distintos xogos se comezará unha colección de palabras para continuar na
casa.

Como en edicións anteriores, todas as actividades do programa Apego son de balde pero con prazas limitadas polo que é preciso realizar a pertinente inscrición antes do 7 de abril a través da páxina web apuntate.pontevedra.gal

O progama Apego, impulsado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, pon en marcha unha nova quenda de actividades dentro deste programa, co obxecto de ofertar actividades educativas e de lecer ás familias que xa teñen fillos e fillas ata 6 anos ou que están agardando un novo membro, para fomentar e mellorar a transmisión do galego como  lingua inicial.

Ademais das familias xa inscritas, as que aínda non fagan parte do programa pero dexesen inscribirse poden solicitar unha cita en apego.gal

Hora

(Venres) 18:00 - 19:00

Localización

Xardíns do Doutor Marescot

Rúa Doutor Enrique Marescot, 36002 Pontevedra

Está pasando!