outubro, 2021

16out10:0018:30VI Xornada de Onomástica Galega'A onomástica e o Camiño de Santiago'10:00 - 18:30 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra, PontevedraEvento tipo:Outras

Detalles do Evento

A VI Xornada de Onomástica Galega, que se vai celebrar o 16 de outubro no edificio Castelao, estará dedicada aos nomes dos lugares no Camiño de Santiago.

As persoas interesadas en participar de forma presencial neste encontro, coorganizado pola Real Academia Galega, a Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, xa se poden inscribir.

Alén da súa significación relixiosa, a celebración do ano xacobeo permitirá resaltar determinadas características do Camiño de Santiago. A VI Xornada de Onomástica incidirá no estudo dos nomes de lugares que atravesan as rutas que o conforman da man de especialistas de distintas disciplinas.

A evolución dos nomes de Gallecia e Spania ao longo da Idade Media e os nomes literarios no Códice Calixtino, a presenza da onomástica de Santiago máis alá de Galicia ou a aplicación didáctica da toponimia do Camiño nas aulas no CEIP Agro do Muíño e no IES Milladoiro son algúns dos aspectos que se tratarán nas intervencións previstas.

A xornada rematará pola tarde cunha mesa redonda en que se debaterá, dende distintas perspectivas, os estudos toponímicos do Camiño e a posibilidade de que Galicia se constitúa como centro dos estudos onomásticos en Europa.

Anselmo López Carreira, profesor da UNED; Pilar Cagiao e José María Anguita Jaén, da USC; e os docentes de secundaria Sandra Beis Silva, María Carmen Liñares e Xano Cebreiro pronunciarán os relatorios incluídos no programa coordinado pola académica electa Ana Boullón e a académica correspondente Luz Méndez.

Na mesa redonda participarán o académico correspondente Gonzalo Navaza, o membro da Academia Xacobea Eduardo López Pereira, a antropóloga do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC Cristina Sánchez Carretero e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.

As sesión emitiranse tamén en directo a través de academia.gal

Para asistir é necesario formalizar a inscrición enviando un correo electrónico a publicacions@academia.gal no que figuren os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, teléfono.

Ver programa

Máis información en academia.gal


Hora

(Sábado) 10:00 - 18:30

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!