Víctor Coyote en concerto

dom03out20:30Víctor Coyote en concertoFestas do Cristo 202120:30 Concello do Porriño -

Detalles do Evento

Incluído na programación das Festas do Cristo 2021, o domingo 3 de outubro, a Carpa do Roxy no Porriño acolle o concerto de Víctor Coyote.

A traxectoria musical de Víctor Coyote é longa. Empezou nos anos 80, o momento en que estalaba a Movida. Os Coiotes inauguraron a escena punkabilly da época, para, tres anos despois, esnaquizar esa reputación a base de ritmos latinos e teorías panamericanistas. Nesa étapa da súa carreira, Víctor adiantou un ideario musical afastado da corrente do pensamento imperante -a fascinación pola Europa rica- a base de dose de charramangada de culebrón e particulares letras de compromiso social. Desta época son os seus éxitos menores “Cien guitarras” ou “Esta noche me voy a bailar“.

Los Coyotes disolvéronse no ano 1992 e Victor comezou unha carreira en solitario caracterizada polo que xa defendera no grupo: a incoherencia musical mais coherente. Isto é, tentar non aburrir ao público, tentar á vez que este siga os seus movementos e intereses musicais e, sobre todo, practicar a fe na música popular antiga e moderna.

Todo isto fai que a carreira musical do Coyote non sexa monolítica. A súa discografía inclúe un disco que mestura o funk co espírito do Brasil Nordestino –Lo bueno dentro– un experimento Electrorocka base de contrabaixo e loops de guitarra eléctrica –Lucha de migajas-, un mini CD de excelentes cancións powerpop, mais propio dun grupo que dun solista –¿A qué viene ahora silbar?-, un disco intimista, dramático, descreído, e de glam-folk-Dous anos luz e cuarto- e unha colección de cancións interpretadas para reivindicar a figura do crooner de pobo –De pueblo y de río– a golpe de versións de clásicos locais, clásicos folclóricos, clásicos universais de músicas pouco valoradas culturalmente e clásicos completamente descoñecidos.

Pero que ninguén leve a engano, no fondo desta suposta variedade estilística identifícase perfectamente o selo do Coyote: Nunca houbo artista que, facendo confluír influencias musicais tan dispares, conseguise unha voz tan persoal e identificable.

O seu novo traballo, un CD-single de tres cancións –Cumbia de Milagro– é tan arrebatador no ritmo e tan rigoroso na súa lírica como sempre foi toda a súa discografía. Inclúe unha serigrafía/impresión dixital -edítase en dous formatos- asinada e numerada do artista.

Doutra banda, Víctor Coyote non é só músico. Os seus traballos gráficos e ilustracións foron publicados en numerosos medios, os seus traballos escénicos en Espazo Fundación Telefónica (Madrid) son sempre interesantes e o seu libro “Cruce de Perras” é o libro de relatos que mellor define unha época -os 80- desde un punto de vista moi afastado da autocompracencia.

Aforo limitado con reserva.

Hora

(Domingo) 20:30

Localización

Concello do Porriño

Está pasando!