Vigo SeaFest, Festival ARVI do Peixe

dom10xul12:30Vigo SeaFest, Festival ARVI do Peixezona naútica de vigo12:30 Xardíns de Elduayen - Vigo

Detalles do Evento

A cociña con produtos do mar, a cultura gastronómica, a industria pesqueira, a música, os deportes náuticos e de praia, os talleres e experiencias como os bautizos de mar protagonizan do 7 ao 10 de xullo, o Vigo SeaFest, o Festival ARVI do Peixe, un evento que ocupa máis de 23.000 metros cadrados na zona dos Xardíns de Elduayen e do Náutico de Vigo.

Vigo SeaFest é unha iniciativa da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, a principal e máis representativa organización pesqueira de Europa.

A cociña de autor, baseada en produtos do mar, e representada por un elenco de 12 chefs galegos, é o epicentro dun evento que satisfai o lecer de toda a familia, cunha ampla programación de showcookings, concertos diúrnos e nocturnos, talleres familiares, actividades deportivas, espectáculos escénicos e de animación rueira, ademais dunha gran área de exposición onde se dá cita o complexo mar-pesca.

Con este Festival, Vigo reafírmase como a capital europea da pesca. Vigo SeaFest é a cita de referencia en España para a gastronomía do mar e un acontecemento central no calendario festivo de verán en Vigo.

A entrada, as actividades e os concertos do Vigo Seafest son gratuítos. No Festival Arvi do Peixe só pagas as túas compras e consumicións.


SHOWCOOKING CO CHEF ÁNGEL LEÓN (CARPA ARVI)

Xoves 7

  • 18:00 h. Percorrido do xurado concurso Desafío Xchef by cervexas 1906, por 14 caseta autor, para proba de tapas e maridaxe de cervexa.
  • 19:00 h. O alcalde de Vigo, D. Abel Caballero, realiza o acto de apertura de postos coa proba da primeira tapa e a primeira cana.
  • 19:30 h. Entrega premios proxecto “ Youth for Sexa”, na carpa de ARVI.
  • 20:00 h. Entrega premios “Desafío x chef by cervexas 1906.
  • 20:30 h. Mesa Redonda «La Huerta del Mar» polo Chef Anxo León.

Venres 8

  • 12:00 h. Acto De Inauguración na carpa de ARVI.
  • 13:00 h. Percorrido de comitiva polo festival con parada en caseta temática de ARVI proxecto “ Youth for Sexa”. Proba de degustación premiada 13:00 Acto Nova Pescanova Chef Ángel León – Showcooking A Pasta do Mar.
  • 15:00 – 16:30 h. Minichef Miudanza (Colabora Pescanova).

Sábado 9

  • 12:00 h. Balfegó Anfaco Katai (Ronqueo de Atún). Showcooking de Atún.
  • 15:00 – 16:30 h. Minichef Miudanza (Colabora ANFACO).
  • 17:30 – 20:00 h. FUNDAMAR Taller Rederas.

Domingo 10

  • 12:00 h. ANFACO Showcooking Maridaxe Adegas HG.
  • 15:30 – 16.30 h. Minichefs Miudanza (Colabora Pereira).
  • 17:30 – 20:00 h. FUNDAMAR Taller Marisqueo.

Aproveitando a ilustre presenza do Chef Ángel León, o xoves 7 de xullo tamén teremos un incrible «concurso de tapas 1906» promovido pola nosa cervexa oficial «Estrela Galicia».

O criterio de avaliación basearase na mellor combinación das tapas do VSF cun dos 3 tipos de cervexa 1906. No concurso participarán os 12 restaurantes de Cociña de Autor do VSF.

A primeira e a segunda mellores tapas recibirán premios en efectivo de 1000€ e 500€, respectivamente.


DIVERSIÓN PARA TODA A FAMILIA

Incribles actividades para descubrir o mar para todos os públicos.

Taller Científico: Diversidade Mariña. Orixe das especies

@arenaria | Taller inscrición previa | 6 a 12 anos | 25-30 prazas | 3 talleres – 1,5 h | Días 8, 9, 10 xullo | Horario 12:00 – 13:30 h.

Disección de moluscos, observatorio de especies mariñas, manipulación de fósiles.

Taller de arte efímera

@retoqueretro | Mesas abertas | todos os públicos | aforo 15-20 nenos cada 40 min. 3 talleres – 3 h | Días 8, 9 e 10 | Horario: Mañás de 12 a 14 h e tardes de 17 a 19 h.

Proposta dunha zona de 6×4 m con materiais plásticos colleitados en diferentes limpezas de praias para a montaxe de pezas, esculturas, máscaras…

Obxectivo 1: concienciar sobre a reutilización de envases, a reciclaxe e o consumo responsable.

Obxectivo 2: Elaboración dunha peza colectiva con prediseño a escoller: logo VSF, ARVI, ODS 2030 ou outros.

Seguimento en RRSS da evolución desta peza artística de forma diaria para visitantes ao VSF 22 e fomento da realización de fotos e selfies na zona de exposición. Uso de #hashtag propios do festival.

Taller de ensamblaxe

@retoqueretro | Taller inscrición previa | nenos de 6 a 12 anos | 15-20 participantes 1 taller 2 h | Día 10 | Horario: 17 a 19 h.

Proposta de elaboración de figuras por ensamblaxe, por cor e composición. Obxectivo 1: concienciar sobre a reutilización de envases, a reciclaxe e o consumo responsable. Obxectivo 2: que as pezas estean marcadas con información VSF.

Taller de estampaxe

@retoqueretro | Taller inscrición previa | nenos de 6 a 12 anos | 15-20 participantes 1 taller 1 h | Día 9 | Horario: 17 a 19 h.

Proposta de decoración dunha peza téxtil gran formato a partir da estampaxe. Os nenos e nenas participantes poderán estampar con pezas recicladas un mural gran formato de forma conxunta con pinturas ao auga ecolóxicas. Obxectivo: falar sobre os ecosistemas mariños.

Taller de xeolocalización de caladoiros & artes de pesca

@arenaria | Taller inscrición previa | para nenos de 6 a 12 anos 1 taller 1.5 h | Día 10 | Horario: 17 a 19 h.

Proposta: con materiais como un mapamundi gran formato e numerosas pezas impresas con especies de peixe: localizaranse sobre o mapa en grupo caladoiros de pesca internacionais.

Obxectivo 1: informar sobre a industria armadora e conxeladora ARVI, Informar sobre as accións de AECP.

Obxectivo 2: convidar a rederas, representantes industria para achegar datos e información sobre o sector e favorecer as sinerxias entre os participantes do festival.

Talleres gastronómicos e de nutrición

@matrácala | Talleres inscrición previa | para nenos de 6 a 12 anos | 25-30 participantes 3 talleres 1,5 h | días 8, 9, 10 xullo | Horario: 15 a 16:30 h.

Proposta: os participantes cociñarán unha receita de forma individual acompañados polos monitores e adquirirán competencias como: cortar, saltear, mesturar, …. Ao finalizar a receita degustarán o prato.

Obxectivo 1: divulgación de nutrición e especies mariñas.

Obxectivo 2: cociña autónoma, degustación de peixe; toma de imaxes e testemuños dos participantes.

Faladoiros residuos mariños

Coloquio aberto | todos os públicos | @divulgacionVSF | 1 Coloquio | 9 xullo | Horario: 17 a 19 h.

Proposta: preséntanse datos sobre as recollidas de residuos nas praias, datos sobre a súa clasificación e sobre a súa orixe. Posteriormente defínense as medidas de conservación do medio mariño vixentes e o papel da Industria Pesqueira na súa xestión.

Obxectivo 1: Favorecer a invitación de representantes do sector, representantes ARVI, representantes da Axencia de Control de Pesca ou outros organismos e investigadores.

Obxectivo 2: Tomar nota das conclusións e realizar unha base de datos para dar continuidade en RRSS.

Exposición artística de especies mariñas

@retoqueretro | Espazo exposición aberto | todos os públicos Exposición | 8, 9 e 10 xullo | Horario: 11:00 a 20:30 h. en continuo

Proposta: contarase con 4/6 expositores con obra variada de esculturas elaboradas con residuos plásticos tomados de diferentes limpezas de praias.

Obxectivo 1: Aberto no horario completo do festival favorece a participación espontánea e a realización de fotos.

Obxectivo 2: Xera dinamismo e visitas á zona para a infancia.


MÚSICA 

Xoves 7 

  • 21:00 h. Black Stereo (soul).

Venres 8 

  • 12:30 h. e 17:00 h. Caamaño y Ameixeiras (tradicional).
  • 14:00 h. e 19:00 h. Ghastas Pista (swing).
  • 21:30 h. Big Menu (hip hop).

 Sábado 9 

  • 12:30 h., 17:00 h. e 23:00 h. DJ Max Moya & Carlos Sarduy (acid jazz).
  • 14:00 h. e 19:00 h. O Sister! (swing).
  • 21:30 h. Desiree Diouf (soul).

 Domingo 10 

  • 12:30 h. e 17:00 h. Bafana Bafana (versiones).
  • 14:00 h. e 20:30 h. Koko Jean & The Tonics (soul).

DEPORTE PARA TODOS

  • Waterpolo. Este ano levará a cabo o VI torneo de waterpolo en Vigo, IV Trofeo Vigo Seafest. O evento terá lugar na dársena central do Porto de Vigo os días 8, 9 e 10 de xullo.
  • Vela. Vela 3 (3 raqueros de 6 tripulantes con 1 pneumática). Os días 8, 9 e 10 de xullo.

VISITAS GUIADAS

visitas guaidas con Vigopesqueiro , patrocinado por ARVI e desarrollado por Fundamar.

+ info e inscricións en info@vigopesqueiro.com

Recorre Vigo pesqueiro: Porto de Vigo, viveiro e festival

Descobre o porto de Vigo durante o Vigo SeaFest co programa @vigopesqueiro de@fundamar_.

Percorre o porto de Vigo e coñece os segredos que oculta. Visita un viveiro e goza dunha experiencia única. E termina o percorrido con visita guiada polo festival. O domingo o viveiro substituirase por unha visita á orixe do porto.

Saídas: Todos os días (8, 9 e 10) ás 10:30 h.

Descobre a Lonxa do Porto de Vigo

Descobre a lonxa do porto de Vigo durante o Vigo SeaFest co programa @vigopesqueiro de @ fundamar_.

Merecerá a pena o madrugón para vivir unha experiencia única e inesquecible.

Saídas: Venres 8 ás 6:00 h

Percorre VSF

Coñece todo o que se coce no Vigo Seafest da man de @ vigopesqueiro de @ fundamar_.

Un percorrido polo festival onde poderás coñecer a orixe do mesmo, visitarás as casetas participantes e poderás preguntar calquera curiosidade que teñas sobre VSF.

Saídas: Venres 8 ás 12:30 e 17:00 h. Sábado 9 ás 12:30 e 18:30 h. Domingo 10 ás 12:30 e 16:00 h.

Descobre buque

Descobre como é un barco por dentro durante o Vigo SeaFest co programa @ vigopesqueiro de @ fundamar_.

Visita guiada a un barco relacionado co sector pesqueiro no VSF.

Saídas: Venres 8 ás 12:00 e 17:00 h. Sábado 9 ás 12:00 e 17:00 h. Domingo 10 ás 12:00 h.

Navega patrimonio industrial pesqueiro

Descobre o patrimonio industrial da Ría de Vigo durante o Vigo SeaFest co programa @ vigopesqueiro de @ fundamar_.

O percorrido de 1 h e 30 min en catamarán permitirá coñecer o pasado e presente industrial do sector pesqueiro.

Saídas: Venres 8 ás 18:30 h. Sábado 9 ás 16:30 h. Domingo 10 ás 17:00 h.

Talleres Vigo pesqueiro

@vigopesqueiro de @fundamar_ organizará os seguintes talleres na Carpa ARVI: Talleres con redera ‘Tecendo redes’ o sábado. Talleres de marisqueo o domingo.

Horarios: Sábado 9 ás 16:00 h, 17:30 e 19:00 h. Domingo 10 ás 17:30 e 19:00 h.


Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Xardíns de Elduayen

Xardíns de Elduayen (Zona Náutica)

Está pasando!