This is a repeating event

VIII Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade

mér21xuñ00:00mér23:59VIII Xornadas Nacionais de Investigación en CiberseguridadeOrganizado por atlanTTic e Gradiant, co apoio do Incibe00:00 - 23:59 Sede Afundación Vigo - Vigo

Detalles do Evento

As VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad, JNIC, principal referencia en xeración de coñecemento e innovación de ciberseguridade a nivel estatal, celebraranse este ano en Vigo. Serán do 21 ao 23 de xuño organizadas polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, e o centro tecnolóxico Gradiant, co apoio do Instituto Nacional de Ciberseguridade, Incibe.

Trátase da primeira vez que este encontro se celebra en Galicia desde a súa posta en marcha no 2015, tras o seu paso por León, Granada, Madrid, San Sebastián, Cáceres e Bilbao. Pensadas para o intercambio de coñecemento e experiencias no ámbito da ciberseguridade entre académicos, investigadores e empresas, as xornadas centraranse nesta ocasión en tres eixes: investigación, transferencia e formación en ciberseguridade.


Terán lugar do 21 ao 23 de xuño na sede Afundación de Vigo

Máis de 70 proxectos sobre ciberseguridade con selo vigués

“A ciberseguridade constituiuse  como unha das sinais de identidade de atlanTTic desde a súa fundación no 2010”, afirma o director de atlanTTic, Martín Llamas Nistal, quen explica que desde este centro de investigación se teñen desenvolvido 27 proxectos, oito deles europeos, neste ámbito, “ademais transferiuse o coñecemento xerado ao tecido económico, impulsando a súa competitividade e levado con éxito os seus resultados ao mercado, posicionándose como referentes internacionais nas últimas tecnoloxías en ciberseguridade”.

No caso de Gradiant, o seu director, Luis Pérez-Freire, fai fincapé en que nos últimos anos desenvolveron máis de 45 proxectos no ámbito da ciberseguridade. “Hoxe 30 dos nosos 160 profesionais están dedicados a xerar innovacións e solucións de ciberseguridade. Para nós organizar estas xornadas é un impulso para seguir medrando neste ámbito”, afirma Pérez-Freire.

Poranse en valor os mellores retos prácticos sobre ciberseguridade

Desde o seu lanzamento, este encontro consolidouse como o foro científico-técnico para a presentación das principais contribucións no ámbito da ciberseguridade. Nesta edición, ademais da valoración dos traballos de investigación máis destacados, púxose en marcha unha iniciativa para poñer en valor os mellores retos en ciberseguridade desde un punto de vista práctico. O envío de artigos para valoración pode facerse ata o día 31 de marzo e ata o 31 de abril en caso dos retos. Por outra banda, as persoas interesadas en inscribirse poderán facelo a partir do 10 de abril.

Ademais do apoio do Instituto Nacional de Ciberseguridade,  a organización das xornadas conta tamén coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Nodo Galego de Ciberseguridade Ciber.gal, a Rede de Excelencia Nacional de Investigación en Ciberseguridade (RENIC), Optar Solutions, ViewNext e a Cátedra R en Ciberseguridade.

Hora

(Mércores) 00:00 - 23:59

Localización

Sede Afundación Vigo

Policarpo Sanz, 24 - 26 36202 Vigo

Está pasando!