‘Terry the turtle flipping the bird’ | Mark Fitzpatrick

Visita guiada á exposición 'Comedy Wildlife' en Pontevedra

xov04dec19:00Visita guiada á exposición 'Comedy Wildlife' en PontevedraCOMEDY WILDLIFE PHOTOGRAPHY AWARDS19:00 Café Moderno Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Despois de viaxar por Galicia co proxecto ‘Corrente Cultural’, agora ‘Comedy Wildlife’, a exposición máis aclamada polo público en diferentes cidades europeas, recala na cidade do Lérez.

A través das fotografías seleccionadas no recoñecido Premio Comedy Wildlife Photo, dos anos 2015 a 2022, a exposición fai gala dunha magnífica colección de imaxes de natureza cunha singularidade: diferentes especies animais conectan co ser humano a través das emocións.

Moitas das fotos sacaranche un sorriso, e mesmo algunha fará que te rias a gargalladas. Ven descubrilas ao Café Moderno Afundación de Pontevedra do 28 de outubro ao 7 de febreiro de 2026.

Exposición recomendada para familias!

Kunal Gupta ‘Wait up mommy look what I got for you!’ | Comedy Wildlife

Sesenta fotografías son as que compoñen a exposición homónima do certame internacional, ‘Comedy Wildlife’.

As imaxes foron realizadas en distintos recunchos de todos os continentes e todas elas resultaron seleccionadas entre 2015 e 2022 como as mellores instantáneas de animais feitas en clave de diversión e humor no mundo, grazas á colaboración entre Afundación e Terra Espléndida e tras abarrotar en 2023 museos e centros de exposicións dos Países Baixos, Inglaterra, Portugal ou Canadá.

Evitar as mensaxes e as imaxes “deprimentes” é o que busca este certame, e con el a exposición. Isto é o que asegura o cofundador dos premios The Comedy Wildlife, o tamén fotógrafo especializado na natureza Paul Joynson-Hicks, que “as cuestións de conservación e sustentabilidade da vida silvestre están a gañar impulso a nivel mundial, pero as mensaxes e as imaxes tenden a ser negativas, deprimentes e enervantes”. E que por iso se animou, xunto ao fotógrafo de natureza Tom Sullam, a crear estes galardóns. Desde 2015, premian as imaxes máis divertidas de animais tomadas nun mundo «extraordinariamente belo e interconectado».

‘Comedy Wildlife’ é unha exposición que cativa toda a familia ao utilizar o humor e a sorpresa como unha forma efectiva de involucrar no encanto do reino animal. As imaxes son extremadamente populares, atraen todas as idades e transcenden todas as culturas e idiomas. Así, as 60 instantáneas seleccionadas que se presentan en Pontevedra mostran, nas posicións e momentos máis divertidos, a animais como tartarugas, mapaches, osos, pingüíns, etc.

Unha foto divertida de animais é incriblemente eficaz porque non hai barreiras para a comprensión, ou tabús que deben ser negociados. A imaxe aproveita o impulso polo antropomorfismo, que está ben documentado como un dos disparadores máis potentes para a empatía humana.

Para entender realmente os animais e as cuestións que lles afectan temos que empatizar con eles como concidadáns do mesmo planeta.

HORARIO

  • Luns a venres | 17.30 a 20.30 h
  • Sábados | 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h
  • Domingos e festivos | pechado

VISITA GUIADA INAUGURAL

VISITAS GUIADAS

  • para público xeral
  • xoves 6 novembro, 4 decembro, 8 xaneiro, 6 febreiro | 19.00 h
  • Reserva praza

DIDÁCTICA

  • Infantil a 4º de Primaria | Visita conto con obradoiro | ‘Comediantes da vida salvaxe’
  • 5º de Primaria a 2º ESO | Visita obradoiro | Sostibilidade e tecnoloxía para preservar o sorriso da vida salvaxe
  • 3º e 4º ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos | Visita comentada con obradoiro opcional | ‘The Comedy Wildlife’
  • Prezo: 2 € / escolar
  • Máis información no teléfono 986 333 210 e en areaeducativapontevedra@afundacion.org

Hora

(Xoves) 19:00

Localización

Café Moderno Afundación

Praza de San Xosé, 3 36001 Pontevedra

Está pasando!