Visitas guiadas á exposición 'Do final e do comezo'

ven30set18:00Visitas guiadas á exposición 'Do final e do comezo'exposición de traballos Finais de Grao en Belas Artes 202218:00 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Visitas guiadas coa equipa do proxecto e artistas: os venres 16, 23 e 30 de setembro e 7, 14 e 21 de outubro ás 18:00 horas. Non é preciso reservar praza.

‘Do final e do comezo’, é o resultado dun longo proceso de investigación e creación, xermolado e construído na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Froito dunha procura non sempre sinxela, e da necesidade de amosa nun proxecto final, os intereses e as inquedanzas, as poéticas e as realidades, as experiencias e os aprendizaxes, os erros e os acertos, de toda unha promoción (26 alumnos/as), a través dos Traballos Fin de Grado.

Unha exposición que ten como obxectivo plasmar o escenario artístico do alumnado, a partir dunha selección dos proxectos realizados para esta etapa, que poñen fin a catro anos intensos de traballo, e que dá comezo a novos camiños.

A mostra aproxímanos ás cuestións abordadas polo alumnado, nas que son unha constante: a memoria individual e colectiva, o paso do tempo, a identidade, a paisaxe intervida, o azar, o cotiá, a representación, etc.

Recorrendo a múltiples e diversos medios como a escultura, a cerámica, o vídeo, a pintura, a fotografía, a performance, a instalación… Como novidade, este ano hónranos poder contar con dúas pezas cedidas pola Facultade de Belas Artes, da artista e docente Berta Cáccamo, que abrazan e fan de engranaxe o especial interese de deternos e amosar o proceso creativo, os métodos artísticos e materiais utilizados, concentrados e amosados o final da sala a modo de arquivo.

Aberta ao público para visita libre ata o 30 de outubro no horario habitual de apertura da Sala: martes a venres de 18.00 a 21.00 horas, sábados de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas, domingos e festivos de 12.00 a 14.00 horas. Luns, pechada.


Está pasando!