abril, 2021

15abr18:00Visitas guiadas á exposición ‘José Suárez. 1902-1974’Mostra antolóxica18:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra, Pontevedra

Detalles do Evento

As visitas guiadas á exposición ‘José Suárez. 1902-1974’, organizadas polo Museo de Pontevedra, serán os xoves sábados, ás 18:00 h, e permitirán ás persoas participantes (4 persoas por sesión) introducirse na modernidade e o talento da obra do fotógrafo galego máis internacional do século XX.

Debido á situación creada pola COVID é necesaria inscrición previa a través do teléfono 986 804 100 extensión 42413 ou por correo electrónico escribindo a educacion.museo@depo.es, en horario de 08:30 a 14:30 h.

Tanto a entrada á exposición como a participación na visita guiada é gratuíta.



‘José Suárez. 1902-1974’. Exposición

A mostra antolóxica ‘José Suárez. 1902-1974’, que poderá visitarse no edificio Castelao (antes Sexto Edificio) do 2 de marzo ao 18 de abril, recolle a obra dun dos máis vangardistas e orixinais fotógrafos galegos do século XX.

Xunto a selección de 150 fotografías amósase un número importante de cartas, documentos, libros e catálogos que axudan a dar unha visión de conxunto da súa actividade profesional.

Esta proposta expositiva, comisariada por Xosé Luis Suárez Canal e Manolo Sendón, está   dividida en tres sección nas que se recolle as fotografías de campesiños e mariñeiros galegos realizadas nos anos 30, a súa etapa no exilio, na que compatibiliza fotografía e cine e o seu retorno a Galicia en 1959.

Hora

(Xoves) 18:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!