Convento de Santa Clara | © Atlantis Comunicación

This is a repeating event

Visitas ao interior de Santa Clara

sáb02abr11:00sáb17:30Visitas ao interior de Santa ClaraCatro visitas diarias: 11:00, 12:30, 16:00 e 17:30 horas11:00 - 17:30 Convento de Santa Clara - Pontevedra

Detalles do Evento

A área de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra ten xa listo o programa de visitas ao interior do antigo convento de Santa Clara. Unha oportunidade única de coñecer un dos espazos máis agochados e misteriosos da cidade, mais que agora poderá ser percorrido e coñecido pola veciñanza pontevedresa.

Santa Clara será visitábel ao longo de todas as fines de semana abril. Cada sábado e cada domingo, serán realizadas catro visitas diarias, facendo un total de oito roteiros polo interior do espazo municipal cada fin de semana. Os horarios para quedan serán os seguintes: 11:00, 12:30, 16:00 e 17:30 horas.  A maiores, tamén serán realizadas cos mesmos horarios e ideas, durante todos os días da Semana Santa. É dicir, haberá nove días de visitas continuadas, do 9 ao 17 de abril, o que permitirá a entrada de 400 persoas a maiores das que se viñan apuntando.

As visitas futuras serán realizadas en grupos de máximo 20 persoas, e contarán cun guía e cun asistente para poder achegar a mellor información posíbel sobre as estancias deste espazo, agochado por máis de 750 anos para a cidade.

As inscricións poderán ser realizadas a través da web oficial do espazo municipal www.santaclarapontevedra.gal.

Lembra que ademais só se poderá realizar unha reserva para 2 persoas como máximo.

Un dos problemas detectados nas reservas das visitas guiadas foi o da fenda dixital, con persoas non acostumadas a este tipo de plataformas e que non foron quen de reservar a súa visita, máis aló do pouco que estas estiveron dispoñíbeis. De tal maneira, o Concello permitirá unha inscrición especial, presencial, para persoas de máis de 65 anos, que asistirán a dúas xornadas programadas ex profeso para elas.

Serán o 7 e o 8 de abril, e a inscrición abrirá entre as 10:00 e as 14:00 horas do día 31 de marzo, no edificio de Churruchaos, detrás da antiga casa consistorial. A persoa que asista á visita deberá ser a mesma que solicite a visita de xeito presencial. Poderá reservar unha entrada a maiores para outra persoa que tamén se atope na mesma situación de dificultade ou fenda dixital, a modo de acompañante.

Que poderá visitar todo aquel que entre polas portas de Santa Clara?

Por suposto, as zonas exteriores do xardín e os claustros, mais tamén todos os corredores e estancias internas: os locutorios, o arquivo, a igrexa, as zonas de traballo, a sala capitular, a cociña, as celas, o comedor, etcétera.

O Concello lembra que está será, polo momento, a única forma de visitar Santa Clara, se ben é certo que xa se está a traballar nunha nova xornada de portas abertas coa chegada da primavera, ademais doutras actividades culturais —charlas, mesas redondas…— que poderían ter o espazo da igrexa como o seu escenario.

Hora

(Sábado) 11:00 - 17:30

Localización

Convento de Santa Clara

Rúa Santa Clara, 16 - 36002 Pontevedra

Está pasando!