xuño, 2022

Detalles do Evento

Descobre o encanto, historia e cultura de Pontevedra a través dunha visita guiada oficial polos lugares máis emblemáticos da capital das Rías Baixas.

Pasea polas súas rúas e prazas, goza das súas tendas e comercios, empápate do ambiente e a vida local, saborea a súa gastronomía… Ademais, a situación xeográfica de Pontevedra, capital da provincia e das Rías Baixas, é absolutamente privilexiada, comunicada cos principais núcleos urbanos galegos e peninsulares.

Durante a visita daranse a coñecer todo tipo de elementos culturais, históricos, monumentais, gastronómicos e festivos relacionados con Pontevedra, destacando no itinerario as súas prazas e a riqueza heráldica da cidade e facendo especial fincapé nas lendas e anécdotas da cidade.

Hai que destacar que neste percorrido visítase tamén o interior dos principais monumentos da cidade, como as Ruínas de Santo Domingo, o Santuario da Virxe Peregrina, a igrexa de San Bartolomé e a Basílica de Santa María.

Tarifas

  • Xeral: 7€
  • Reducida: 5€ (parados/as, estudiantes, jubilados/as, pontevedreses/as, familias numerosas)
  • Ata 12 anos: de balde

Horarios

17, 18, 19 e do 24 ao 30 de xuño

  • Luns a sábado: 11.30 e 17.30 h.
  • Domingos e festivos: 11.30 h.

Do 1 de xullo ao 14 de setembro

  • Luns a sábado: 11.30 e 18.30 h.
  • Domingos e festivos: 11.30 h.

Do 15 de septiembre ao 2 de outubro

  • Luns a sábado: 12.00 e 17.30 h.
  • Domingos e festivos: 12.00 h.

Punto de encontro

  • Punto de información turística situado frente ás Ruinas de Santo Domingo, Praza de España, s/n.

+info e reservas en visit-pontevedra.com


Hora

Todo o día (Luns)

Localización

Centro Histórico de Pontevedra

Está pasando!