Visitas teatralizadas en Pontevedra

ven15xul(xul 15)22:00mér10ago(ago 10)22:00Visitas teatralizadas en Pontevedravisitas guiadas oficiais(xullo 15) 22:00 - (agosto 10) 22:00 Centro Histórico de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Embárcache nunha divertida viaxe por unha banda da historia real e imaxinaria da Pontevedra medieval e renacentista. Déixate acompañar por personaxes doutras épocas e doutros mundos que che descubrirán algúns segredos da Boa Vila.

As persoas participantes son conducidas por varios personaxes a modo de guías polas rúas e prazas dunha parte do centro histórico.

Neste percorrido, evocaranse feitos e personaxes históricos coñecidos como o “Fiel Contraste”, Alonso de Fonseca, Tristán de Montenegro, Pedro Madruga, Paio Gómez Chariño, Xoán Nobre , Cornelis de Holanda… e tamén merecerán un recordo especial os homes e mulleres anónimos que habitaron esta vila e a súa contorna ao longo dos séculos, mediante a recreación de escenas da vida cotiá.

A visita transcorre na contorna da Praza de España e a Basílica de Santa María e corre a cargo da compañía Migallas Teatro.

Tarifas

  • Xeral: 8€
  • Reducida: 5€ (Parados/as, estudantes, xubilados/as, pontevedreses/as, familias numerosas)
  • Ata 12 anos: de balde

Horarios

  • 15, 16, 17, 22, 23, 24, 25, 28, 29 e 31 de xullo e 7, 8 e 10 de agosto de 2022 ás 22.00 h.

Punto de saída

  • Detrás do Edificio do Concello situado na Praza de España.

+info e reservas en visit-pontevedra.com

Hora

Xullo 15 (Venres) 22:00 - Agosto 10 (Mércores) 22:00

Localización

Centro Histórico de Pontevedra

Está pasando!