outubro, 2021

24outTodo o día'Voando nas Rías Baixas'rUTAS ORNITÓLOXICAS(Todo o día: domingo) Provincia de PontevedraEvento tipo:Outras

Detalles do Evento

Esta terceira ruta, programada dentro da cuarta edición da iniciativa, ‘Voando nas Rías Baixas’ organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO Birdlife, desenvolverase o domingo 24 de outubro, cunha camiñada polo Complexo Intermareal Umia-O Grove, situado no noroeste da provincia de Pontevedra nos concellos do Grove, Sanxenxo, Meaño e Cambados.

Este espazo está protexido pola Rede Natura 2000 (ZEC e ZEPA), como Zona Húmida de Importancia Internacional, segundo o Convenio Ramsar e como Zona de Especial Interese Comunitario pola importancia da súa biodiversidade. No ano 2014 unha parte do complexo foi declarada reserva ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, sendo a reserva ornitolóxica máis grande de España, a única de Galicia e a única que conta con medio mariño.

Sen dúbida, é o mellor lugar de Galicia e un dos mellores de España para a observación de aves acuáticas invernantes, tanto pola diversidade coma pola sorprendente cantidade, pois máis de 18.000 acuáticas pasan os meses fríos nesta reserva, onde o cullereiro ten a principal localidade de invernada e de paso migratorio galego.

Tamén son destacables as concentracións de limícolas coma gabitas, virapedras, pilros, píldoras, mazaricos, píllaras, biluricos, distintas especies de parrulos, garzas, gaivotas, carráns ou corvos mariños, que se desprazan a esta reserva desde o norte de Europa para aproveitar a súa riqueza.

Prazo de inscrición, do 11 de outubro, ás 09:00 horas ata o 21 de outubro, ás 15:00 horas.

Para esta excursión guiada de carácter gratuíto, as persoas interesadas poden anotarse vía electrónica na páxina web da Deputación www.depo.gal/voando-nas-rias-baixas


‘Voando nas Rías Baixas’

O obxectivo da inciativa ‘Voando nas Rías Baixas’ é dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos.

Despois desta ruta, o 14 de novembro terá lugar a actividade na enseada de San Simón (Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa), coas inscricións abertas desde o día 2.

‘Voando nas Rías Baixas’ concluirá o 19 de decembro coa ruta polo estuario do río Miño (A Guarda) e pola Foz da Ramallosa (Nigrán). Neste caso, as persoas interesadas poderán anotarse desde o 7 de decembro.

Hora

Todo o día (Domingo)

Localización

Provincia de Pontevedra

Está pasando!