novembro, 2021

14novTodo o día'Voando nas Rías Baixas'rUTAS ORNITÓLOXICAS(Todo o día: domingo) Provincia de PontevedraEvento tipo:Outras

Detalles do Evento

A cuarta ruta, programada dentro da cuarta edición da iniciativa, ‘Voando nas Rías Baixas’ organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO Birdlife, desenvolverase o domingo 14 de novembro, na Enseada de San Simón (Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa).

Situada no máis profundo da ría de Vigo, destaca a espectacular enseada de San Simón, onde a influencia das mareas propicia nesta paisaxe intermareal a invernada e o paso migratorio no outono e na primavera de interesantes aves acuáticas e mariñas, ademais de paseriformes dos contornos arbóreos, de aí que sexa un espazo protexido pola Rede Natura 2000.

Ademais do parrulo asubiador (que ten en San Simón un dos mellores lugares de invernada de Galicia), é posible observar outros anátidos atractivos.

Resaltan tamén limícolas coma o bilurico das rochas, a píldora cincenta, o bilurico patirrubio e o claro, o pilro común e o tridáctilo, o mazarico real… e ardeidos coma a garza real, a garzota común, gaivotas varias, corvos mariños e paxariños coma o vistoso picapeixe.

Prazo de inscrición, do 2 de novembro, ás 09:00 horas ata o 11 de novembro, ás 15:00 horas.

Para esta excursión guiada de carácter gratuíto, as persoas interesadas poden anotarse vía electrónica na páxina web da Deputación www.depo.gal/voando-nas-rias-baixas


‘Voando nas Rías Baixas’

O obxectivo da inciativa ‘Voando nas Rías Baixas’ é dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos.

Despois desta ruta pola Enseada de San Simón, ‘Voando nas Rías Baixas’ concluirá o 19 de decembro coa ruta polo estuario do río Miño (A Guarda) e pola Foz da Ramallosa (Nigrán). Neste caso, as persoas interesadas poderán anotarse desde o 7 de decembro.

Hora

Todo o día (Domingo)

Localización

Provincia de Pontevedra

Está pasando!