decembro, 2021

19decTodo o día'Voando nas Rías Baixas'rUTAS ORNITÓLOXICAS(Todo o día: domingo) Provincia de PontevedraEvento tipo:Outras

Detalles do Evento

A cuarta edición da iniciativa ‘Voando nas Rías Baixas’, organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO Birdlife, concluirá o domingo 19 de decembro coa ruta polo estuario do río Miño (A Guarda) e pola Foz da Ramallosa (Nigrán).

Estes dous importantes espazos protexidos pola Rede Natura 2000 están situados no sur da provincia de Pontevedra. O esteiro do río Miño atópase no concello da Guarda e a foz da Ramallosa ou do río Miñor, en Nigrán e Baiona.

A desembocadura do río Miño e, dunha maneira semellante aínda que en menor medida, a foz da Ramallosa, forman esteiros intermareais con gran diversidade de hábitats que atraen infinidade de aves.

No inverno e nos pasos migratorios poderemos gozar tanto de aves acuáticas coma de aves mariñas, aves rapaces ou paxariños palustres que buscan refuxio nas súas ribeiras.

Destacan as limícolas coma mazaricos, biluricos, pilros ou avefrías, variedade de gaivotas, diferentes especies de parrulos, garzas, rálidos, mergullóns, ademais de aves mariñas coma os carráns cristados.

Tamén se ven aves rapaces, entre as que destacan a tartaraña das xunqueiras, o lagarteiro cincento e a aguia pescadora, da que é posible observar a súa espectacular forma de pescar.

Prazo de inscrición, do 7 de decembro, ás 09:00 horas ata o 16 de decembro, ás 15:00 horas.

Para esta excursión guiada de carácter gratuíto, as persoas interesadas poden anotarse vía electrónica na páxina web da Deputación www.depo.gal/voando-nas-rias-baixas

Hora

Todo o día (Domingo)

Localización

Provincia de Pontevedra

Está pasando!