'Voando nas Rías Baixas'

dom08outConsultar'Voando nas Rías Baixas'Deputación de Pontevedra e SEO Birdlife (Consultar: domingo) Deputación de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Deputación de Pontevedra vai desenvolver distintas accións de sensibilización da poboación da provincia sobre os nosos recursos culturais e naturais.

A paisaxe e a natureza constitúen un recurso turístico de primeiro nivel no destino Rías Baixas e a ornitoloxía é unha actividade que atrae a un numeroso público nacional e internacional. Por iso, temos o deber e a responsabilidade de conservar o medio natural, xa que en moitos casos está en perigo, como acontece cun gran número de aves que aniñan, viven e viaxan polo noso territorio.

Na provincia de Pontevedra contamos con importantes emprazamentos nos que observar aves singulares durante as distintas estacións do ano. Esta actividade ten unha dobre finalidade: concienciar a poboación sobre a conservación dos recursos naturais e achegarlle á cidadanía pontevedresa unha actividade turística diferente.

As afeccionadas e afeccionados á ornitoloxía, as persoas amantes da natureza e todas aquelas interesadas poderán participar nestas rutas coordinadas pola asociación SEO/BirdLife.

As persoas interesadas poden anotarse na páxina web da Deputación (www.depo.gal). Unha vez se lles confirme a praza por correo electrónico ás 25 primeiras persoas da lista, é imprescindible que contesten para confirmar a súa asistencia e indicar o punto de encontro ou para rexeitar a praza antes do mércores anterior á realización da ruta, ás 12:00 horas.

Aquelas persoas que non respondan no prazo establecido ou non asistan á ruta serán sancionadas, quedarán automaticamente excluídas do programa ‘Voando nas Rías Baixas’ e non poderán participar en ningunha das outras rutas. Así mesmo, tampouco poderán participar na ruta para a que se lles confirmou a praza. A partir desa data, chamaranse as seguintes persoas da lista de agarda para que confirmen a súa asistencia; estas deberán contestar coa maior brevidade posible.

EXCURSIÓNS 2023 PARA OBSERVACIÓN DE AVES:

Complexo Intermareal Umia-O Grove (reserva ornitolóxica de SEO/BirdLife-O Grove)

  • Día da actividade: 15.01.2023
  • Prazo de inscrición: Do 5 (12 h) ao 12 de xaneiro (12 h)

A Foz da Ramallosa (Nigrán)

  • Día da actividade: 05.02.2023
  • Prazo de inscrición: Do 23 de xaneiro (9 h) ao 1 de febreiro (12 h)

Ribeiras do Río Umia (Cambados- Ribadumia)

  • Día da actividade: 09.04.2023
  • Prazo de inscrición: Do 27 de marzo (9 h) ao 5 de abril (12 h)

Brañas de Xestoso (Silleda, Forcarei)

  • Día da actividade: 21.05.2023
  • Prazo de inscrición: Desde o 8 de maio (9 h)

Praia da Lanzada (Sanxenxo, O Grove)

  • Día da actividade: 04.06.2023
  • Prazo de inscrición: Do 22 (9 h) ao 31 de maio (12 h)

Esteiro do río Miño (A Guarda)

  • Día da actividade: 08.10.2023
  • Prazo de inscrición: Do 25 de setembro (9 h) ao 4 de outubro (12 h)

Enseada de San Simón (Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa)

  • Día da actividade: 26.11.2023
  • Prazo de inscrición: Do 13 (9 h) ao 22 de novembro (12 h)

RECOMENDACIÓNS, MATERIAL E ASISTENCIA:

  • A roupa debe ser cómoda e de abrigo nos meses fríos, e o calzado apropiado para moverse polo campo
  • As excursións contarán con 2 guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife de Pontevedra con experiencia e coñecementos contrastados
  • Ao ser unha actividade sensible de avistamento de fauna na natureza os grupos non deben ser moi numerosos, o máximo de prazas ofertado será de 25 persoas
  • Material óptico: cada participante terá á súa disposición prismáticos de observación de aves e dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas
  • Material didáctico: entregaráselle unha guía de aves a cada participante na excursión
  • Recoméndase que as persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo acudan con eles. Tamén é recomendable levar una pequena libreta para aprender a facer un caderno de campo
  • A actividade inclúe un autobús dende o punto de encontro ata a zona de realización da actividade
  • Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto
  • As nenas e nenos menores de 7 anos só poderán asistir baixo a responsabilidade dos seus titores legais e non ocuparan praza no autobús.
  • Infórmate no teléfono 886 210 725, Servizo de Medio Ambiente, en horario de 08:00 a 15:00 horas, de luns a venres ou enviando un correo a medioambiente@depo.gal
  • Todas as solicitudes presentadas fora do prazo de inscrición de cada actividade non serán tidas en conta

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Deputación de Pontevedra

Pontevedra

Está pasando!