'Voilà la femme. 25 aniversario'

xov19maiConsultardom10xul'Voilà la femme. 25 aniversario'exposición no edificio castelao(Consultar) Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A exposición conmemorativa ‘Voilà la femme’ reúne unha selección de obras das artistas máis relevantes que participaron nas súas 25 edicións e poderá visitarse desde o 19 de maio ata o 10 de xullo no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

A mostra, que ten como finalidade visibilizar a produción artística realizada por mulleres, convida á reflexión acerca da identidade e a desigualdade a través das propostas de creadoras galegas ou vinculadas a Galicia.

Menchu Lamas, Yolanda Herranz, Celeste Garrido, Ánxeles Iglesias, Carme Nogueira, Carmen Hermo, Mar Vicente, Reme Remedios, Sara Sapetti, Sonia Tourón, Mª Covadonga Barreiro, Basilisa Fiestras, Ana Gil, Noemí Lorenzo, Nuria Ruibal, Beatriz Sieiro, Itziar Ezquieta, Ofelia Cardo, Gema López, Mery Pais, Isabel Alonso, Colectivo LAG, Belén Diz, Raquel Blanco e Tania Crego conforman esta exposición colectiva na que exhibirán maioritariamente pezas inéditas.

Corpo, xénero, identidade e existencia son os núcleos de creación e investigación artística nos que se centran as obras incluídas nesta mostra que se inaugurará o xoves 19 de maio, ás 19:30 h. A entrada será libre ata completar a capacidade.


Hora

Maio 19 (Xoves) - Xullo 10 (Domingo)

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!