xuño, 2021

25xuñ20:30Walt DiscoSON Estrella Galicia20:30 Radar Estudios, VigoEvento tipo:Música

Detalles do Evento

Walt Disco é unha banda escocesa (de Glasgow) formada en 2016 cuxas influencias derivan non só da música, senón tamén de conceptos como o amor, o glamour e a androginia.

Nas cancións deste quinteto escóitanse voces melodiosas, guitarras angulosas e sintetizadores cun resplandor escuro: son unha porta de entrada a un espazo de luxuria e perda.

O seu glamoroso post-punk recibiu eloxios de medios como DIY (“teatrais e cunha mentalidade estética, non só están a pensar en facer música pop brillantemente estraña, tamén se concentran en todo o paquete expresivo”), i-D (“deliciosamente melodramáticos”) ou Gigwise (“se te arriscas a perderchos agora, pronto terás que ir velos formando unha ordenada cola”) e tamén se gañou un forte apoio de locutores como Jack Saunders e Annie Mac de BBC Radio1.

O seu forte aspecto andróxino levou a Walt Disco a traballar con Hedi Slimane, recoñecido fotógrafo e ex director creativo de Dior e Saint Laurent, mentres que o seu líder, o cantante e baixista James Potter, protagonizou a campaña de roupa masculina “Polaroids Of A British Youth” para a casa de moda Celine.

Ata o momento publicaron cinco singles, dous en 2018 (“ Dream Girl # 2” e “ Drowning In Your Velvet Bed”) e outros tres en 2019 (“My Pop Sensibilities”, “Strange To Know Nothing” e “Dancing Shoes Won’ t Fix My Mind”), e a finais de setembro deste 2020 o seu primeiro EP, “Young Hard And Handsome”, co avance do sinxelo “ Hey Boy (You’ re One Of Us)”.

Entradas desde 10,00 € á venda en sonestrellagalicia.masgalicia.net


Hora

(Venres) 20:30

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo

Radar Estudios Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo

Está pasando!