Xabier Díaz presenta 'Levantarse e caer' en Pontevedra

sáb28mai20:00Xabier Díaz presenta 'Levantarse e caer' en Pontevedraarrolos e abrentes20:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

O 28 de maio Xabier Díaz presentará en Pontevedra ‘Levantarse e caer’, o seu novo traballo en solitario.

Hai un lugar chamado infancia, nese lugar recibimos os impactos máis radicais da nosa existencia, os que perduran no tempo, os que renacen cando xa nin lembrabamos que tiñan acontecido, o amor, a inxustiza, a amistade, o medo, o respecto, a envexa… uns mancan e outros son curativos.

Buscar o lugar onde estaban agochados pode ser de gran axuda, logo toca recolocar de novo, resiliencia… aprender a perder e a gañar sen importar o lugar, relativizar o éxito e o fracaso, caer e levantarse…levantarse e caer.

‘Levantarse e caer’ é un breve tratado sonoro sobre todo iso… algúns arrolos, algunha canción para reivindicarnos, outras para curarnos…

Entradas anticipadas á venda desde 14 euros en Ataquilla.com


Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!