Xarotos Gran Fondo 2022

dom21ago09:00Xarotos Gran Fondo 2022concello do porriño09:00 Concello do Porriño -

Detalles do Evento

O Club Ciclista Master da Louriña co patrocinio do Concello do Porriño, presenta o evento deportivo Xarotos Gran Fondo, o cal conta coas respectivas autorizacións e seguros pertinentes da Federación Galega de Ciclismo.

Tratase dunha proba ciclodeportiva na que se entregarán distintos premios aos mellores en cada categoría, controlando os tempos de todos os participantes.

O evento Xarotos Gran Fondo desenrolarase o día 21 de agosto de 2022 con saída ás 9:00 horas no Concello do Porriño.

A recollida de dorsais poderá efectuarse no salón de plenos do Concello do Porriño, tanto o sábado día 20 de xuño, de 18:00 a 21:00 horas, como o domingo 21 de agosto, de 7:00 a 8:30 horas.

Será obrigatorio estar na saída, preparado para o evento, ás 8:45 horas para realizar os sorteos e agasallos que concede la organización.

Haberá 2 percorridos diferentes: Xarotos Gran Fondo e Xarotos Medio Fondo. Os primeiros 19 km e os últimos 28 km de cada percorrido serán neutralizados e sen cronometraxe.

Un percorrido de 132 km e 3000 m de desnivel acumulado. Haberá 2 tramos cronometrados:

  1. Tramo cronometrado “Gran Fondo”: desde o km 19 ata o km 132.
  2. Tramo cronometrado “Subida Xarotos”: desde o km 65 ata o km 69.

Un percorrido de 76 km con 1400 m de desnivel acumulado. Haberá un tramo cronometrado desde o km 19 ata o km 76.

+info e inscrición en magmasports.es


xarotos

Hora

(Domingo) 09:00

Localización

Concello do Porriño

Está pasando!