xuño, 2021

23xuñ19:00"Xirarei cos Bolechas"Rechouchíos19:00 Concello de MoañaEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

O espectáculo “Xirari cos Bolechas” pechará no parque de San Bartolomeu, o programa de actividades para público infatil e familiar Rechouchíos, organizado polo Concello de Moaña.

“Xirarei cos Bolechas” é un concerto para todos os públicos ao redor do libro “Os Bolechas van a Moaña”.

En caso de mal tempo, o espectáculo trasladarase ao Centro Sociocultural Daniel Castelao.


Programa Rechouchíos Maio-Xuño 2021

Rechouchíos

Rechouchíos é un programa de dinamización lectora e lingüística con actividades dirixidas ao público infantil e familiar ao que acoden nenas e nenos, maioritariamente de 3 a 10 anos.

Organizado polo Concello de Moaña, utilízanse diferentes espazos públicos, pechados e ao aire libre, percorrendo todas as parroquias do minicipio.

O paxariño deseñado por Marc Taeger converteuse na mascota do programa e todas as actividades comezan co berro ideado por María Faltri, unha das colaboradoras do programa: Chio, chio. rechouchío!

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!