maio, 2021

27mai17:3019:00'Xogando ando'Programa Apego17:30 - 19:00 Illa do Covo, PontevedraEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

O programa Apego trae o obradoiro de xogos ‘Xogando ando’, para cativada de 4 a 6 anos da man de Xandobela.

Xoves 27 de maio, de 17:30 a 19:00 h. na illa do Covo. Recoméndase levar calzado e roupa axeitada para xogar.

Inscrición ata 15 familias. Tarde de xogos grupais e cooperativos que irán desde o tradicional ao experimental, pasando pola música e o baile. Con recursos da tradición oral galega para aprender a xogar á corda, botar as sortes ou facer equipos.

Como en edicións anteriores, todas as actividades do programa Apego son de balde pero con prazas limitadas polo que é preciso realizar a pertinente inscrición antes do 7 de abril a través da páxina web apuntate.pontevedra.gal

O progama Apego, impulsado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, pon en marcha unha nova quenda de actividades dentro deste programa, co obxecto de ofertar actividades educativas e de lecer ás familias que xa teñen fillos e fillas ata 6 anos ou que están agardando un novo membro, para fomentar e mellorar a transmisión do galego como  lingua inicial.

Ademais das familias xa inscritas, as que aínda non fagan parte do programa pero dexesen inscribirse poden solicitar unha cita en apego.gal

Hora

(Xoves) 17:30 - 19:00

Localización

Illa do Covo

Illa da Xunqueira, s/n, 36005 Pontevedra

Está pasando!