Xornada de Plogging na Guarda

dom05xuñ10:30Xornada de Plogging na GuardaDía Internacional do Medio Ambiente10:30 Concello da Guarda - A Guarda

Detalles do Evento

Dentro do Ciclo medioambiental Sostendo o futuro, a OMIX da Guarda, en colaboración con Medio ambiente e o Consello Climático Xuvenil, o Concello da Guarda organiza unha Xornada de Plogging, coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente.

As inscricións están xa abertas en deporticket.com

Esta actividade terá luga ra partires das 10:30h do domingo día 5 de xuño con saída e chegada no Museo do Mar do Porto da Guarda, unha acción onde se une a actividade física coa recollida de residuos, co obxectivo claro de promover un estilo de vida saudable e respectuoso co medio ambiente, concienciando sobre o problema da recollida de residuos a toda a comunidade.

Serán dous os percorridos entre os que se poderá escoller, dependendo do estado físico de cada participante:

  1. Carreira + trote: volta ao monte Trega con aproximadamente 8 km de percorrido
  2. Andaina polo Camiño portugués da costa

A proba estará limitada a un máximo de 100 participantes por percorrido (200 personas en total) e poderán anotarse persoas de 16 anos en diante (carreira) e a partir de 8 anos de idade, sempre acompañados por un titor/a ou persoa responsable (andaina).


Hora

(Domingo) 10:30

Localización

Concello da Guarda

Está pasando!