Convento de Santa Clara | © Atlantis Comunicación

decembro, 2022

Detalles do Evento

A Deputación e o Concello de Pontevedra celebrarán a partir do 22 de novembro o primeiro ano da compra do Convento de Santa Clara. A programación conxunta confeccionada polas dúas institucións para esta ocasión contempla xornadas de portas abertas para coñecer as escavacións arqueolóxicas e conferencias das persoas expertas que traballaron sobre o terreo no convento.

Os días 3 e 4 de decembro, sábado e domingo, en horario continuado de 10.00 a 18.00 horas, o Concello volverá abrir as portas de Santa Clara nunha xornada nas que as persoas visitantes poderán acceder á planta baixa e á horta do convento. A entrada será de balde e sen inscrición. Farase un percorrido polos sondeos arqueolóxicos guiado polos profesionais que traballaron neles dentro dos estudos financiados pola Deputación. A igrexa será o “centro de recepción de visitantes” onde se proxectará un breve vídeo (duns 3 minutos aproximadamente) sobre este ano da compra e os labores de escavación.

Ás e aos visitantes tamén entregaráselles un folleto cunha breve explicación da visita. Poderanse ver espazos como o edificio do século XVIII onde as escavacións atoparon muros das antigas edificacións de Santa Clara; o claustro onde permanecen abertos os enterramentos sen os osos retirados para o seu estudo: a adega para ver as pipas de viño do convento; a antiga cociña onde para ver a lareira; o vello refectorio, zona que se amosa por ver primeira porque tamén estaba cheo de entullos; a zona máis primitiva do convento no exterior; e no Bosque as últimas escavacións, preto do cemiterio, onde apareceron pavimentos e conducións do antigo convento.

Charlas

Ao respecto das conferencias proxectadas pola Deputación todas serán na igrexa de Santa Clara ás 19.30 horas. As datas son as seguintes:

  • 22 de novembro. “Ósos, cacharros, clausura e chocolate. Primeiros resultados da excavación en Santa Clara”. Rafael M. Rodríguez Martínez (director do proxecto) e Israel Picón Platas (codirector da intervención).
  • 23 de novembro. “Cando as paredes falan”. Dr. Victoriano Nodar, sobre lectura de alzados e paramentos interiores e exteriores dos edificios.
  • 29 de novembro. “Compoñendo puzzles”. Aldara Rico exporá os traballos de conservación e restauración dos materiais mobles localizados durante os traballos arqueolóxicos.
  • 1 de decembro. “A vida a través da morte. Aproximación ao estudo das individuais recuperadas no convento de Santa Clara”. Dr Olalla López e Clara Veiga, responsables dos estudos de antropoloxía, falarán sobre as inhumacións.
  • 5 de decembro. “Os papeis de Santa Clara”. Dr. Suso Vila, sobre a investigación históricoartística e baleirado documental.
  • 13 de decembro. “Conferencia de (case) clausura”. Dr. Xurxo Ayán, que falará sobre a clausura na orde das irmáns pobres de Santa Clara.
  • 14 de decembro. “Plantas no pasado e no presente do convento de Santa Clara”. A Dra. María Martín e a Dra. Carmen Salinero.

Hora

(Sábado) 10:00 - 18:00

Localización

Convento de Santa Clara

Rúa Santa Clara, 16 - 36002 Pontevedra

Está pasando!