Feira de artesanía Chalana | Zoom Pontevedra

XVIII Feira de artesanía Chalana en Pontevedra

dom20xul11:00dom22:00XVIII Feira de artesanía Chalana en PontevedraDo 16 de xullo ao 3 de agosto de 202511:00 - 22:00 Paseo de Antonio Odriozola - Pontevedra

Detalles do Evento

De novo, o Paseo de Odriozola, na praza da Ferraría, será o fogar dos stands que conforman este mercado artesanal ao aire libre, sumando, como novidade e para este ano, a praza de Ourense.

Un total de 15 postos de 14 artesáns conforman a XVIII edición da feira de artesanía Chalana, que permanecerá aberta ao público ata o 3 de agosto, en horario de 11 a 14 horas e de 19 a 22 horas.

Trátase dunha aposta pola promoción económica do produto artesá e de proximidade, unha feira que aposta pola calidade e que agocha máis dunha sorpresa.

A maioría dos postos son do país, agás catro chegados de fóra: Llue Vidro de Asturias, Aloe de Almería, Astarte de Madrid, metal e natureza e Ana Cortes con seda natural de Huelva.

Ademais, hai catro con base na Boa Vila: Alumearte con esmaltes, o Obradoiro Musical de Os Alegres, o prateiro Roberto Buchanan e a tecedora Cuaderna Maestra que amosara todos os días o traballo nun tear manual. No caso deste último, cómpre visitar o seu posto de traballo, pois é o último ano que participa na feira, xa que o ano que vén comezará a gozar da súa xubilación.

Están tamén presentes Amorei, xoieiro de Soutomaior, Chueco, artesán do coiro da Coruña, Mario López de Vigo con cerámica e prata reciclada, a colareira de O Grove, Montse Betanzos, os ceramistas de Sanxenxo Leonlagata e os artesáns do Bronce En Babia de Redondela.

A Chalana é unha das actividades que ten máis soleira, xa que leva unha chea de anos formando parte do programa do verán do Concello de Pontevedra.

Hora

(Domingo) 11:00 - 22:00

Localización

Paseo de Antonio Odriozola

Está pasando!