XXXII Festival de Danza ESDAC Vaganova en Pontevedra

sáb24xuñ19:30sáb23:50XXXII Festival de Danza ESDAC Vaganova en PontevedraEscola Superior de Danza e Artes Coreográficas de Pontevedra19:30 - 23:50 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

O Auditorio Sede Afundación acolle o sábado 24 de xuño un espectáculo de baile de fin de curso, protagonizado polo alumnado da ESDAC Vaganova Pontevedra (Escola Superior de Danza e Artes Coreográficas de Pontevedra).

A través de coreografías clásicas, neoclásicas e contemporáneas amosarase o traballo técnico e artístico realizado polo alumnado durante o curso 22/23.

Entre as coreografías creadas pola dirección artística da ESDAC estarán:

  • O Ballet ‘El Pájaro de Fuego’ de Ígor Stravinsky no que se pode apreciar o nivel interpretativo do alumnado.
  • ‘Origen’ baixo a música de Mike Oldfield nun estilo contemporáneo.
  • ‘Suite española’ con música de Riccardo Drigo, representando así a técnica clásica con carácter español.

Entradas anticipadas á venda dende 5 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 19:30 - 23:50

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!