abril, 2021

05abr(abr 5)11:3009abr(abr 9)20:00XXXVII Semana Galega de Filosofía“Filosofía e Civilización Dixital“11:30 - 20:00 (9) Evento tipo:Formación

Detalles do Evento

A Aula Castelao de Filosofía presenta un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía que terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra do 5 ao 9 de abril de 2021, baixo a epígrafe de “Filosofía e Civilización Dixital“.

A asistencia é aberta e gratuíta mais con aforo limitado e por estrita orde de chegada.

Todas as conferencias serán retransmitidas en liña e as relatoras e os relatores só estarán de xeito presencial no teatro a mañá do luns e todas as tardes da semana, de 11:30 a 13:30h. e de 18:00 a 20:00h.

O teatro permanecerá aberto para aquelas persoas que desexen asistir ás conferencias ben sexa retransmitidas na pantalla ou ben presencias, con aforo limitado, como quedou dito, de acordo co plan de continxencia fronte ao COVID-19 (que contén tamén entre outras medidas o uso de máscaras e xel desinfectante, o mantemento da distancia de seguridade e dunha correcta ventilación, a realización dun rexistro de participantes…).

Porén este ano a asistencia á SGF non será certificada como formación do profesorado nin como créditos ECTS homologados por mor das mudanzas introducidas no programa derivadas do actual contexto de pandemia.


PROGRAMA DA XXXVII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA


LUNS 5

  • 11:30 h. Crítica do hipercapitalismo dixital. Albino Prada Blanco (Universidade de Vigo). 
  • 18:00 h. Tecnoloxía e sociedade en Galiza: do colonialismo tecnolóxico á fenda dixital. Iolanda Gomis (Editora e creadora de contidos).

MARTES 6

  • 11:30 h. O algoritmo da vida. Santiago López Petit (Universidade de Barcelona).
  • 18:00 h. Galiza (não) é uma mina: extrativismo e engenharía social no contexto da emergência climática. Iolanda Mato (Educadora ambiental. Fundação Montescola).

MÉRCORES 7

  • 11:30 h. Tempos virtuais e realidade fragmentada. Unha ontoloxía para a era dixital. Belén Castellanos Rodríguez (Profesora e Doutora en Filosofía).
  • 18:00 h. Capitalismo total en Galicia. A sociedade á intemperie. David Rodríguez (Escritor e blogueiro).

XOVES 8

  • 11:30 h. Laboratorios de deseño, humanidades dixitais e sonambulismo tecnolóxico. Antonio Lafuente (CSIC).
  • 18:00 h. Do imperio do selfie á tiranía de Instagram. Claves e desafíos para unha verdadeira integración dixital. Antonio Rial Boubeta (Universidade de Santiago).

VENRES 9

  • 11:30 h. Decadencia do progreso. Andoni Alonso (Universidade Complutense de Madrid).
  • 18:00 h. A irrupción da imaxe: un exercicio contrahexemónico. Sabela Fraga Costa (Historiadora da arte. Investigadora predoutoral na UVigo).

Díptico_XXXVII_SGF

Revista_XXXVII_SGF

Hora

5 (Luns) 11:30 - 9 (Venres) 20:00

Está pasando!