La bruma verde

Gonzalo Giner


  • Editorial: Planeta
  • Temática: Novela contemporánea
  • Número de páxinas: 608

Premio de Novela Fernando Lara 2020.

Unha historia de amor e loita por un mundo mellor. Unha gran aventura no corazón de África.

Bineka, nacida na profundidade dun dos últimos pulmóns verdes do planeta, é apresada por Maxime e os seus homes, que arrasaron a súa aldea. Pero, tras sufrir un accidente, a nai selva protéxea e é adoptada por un clan de chimpancés, cos que convivirá varios meses. Ao mesmo tempo, Lola Freixido, unha exitosa directiva, viaxa ao Congo para rescatar ao seu mellor amiga, Beatriz Arriondas, unha cooperante ambiental que foi secuestrada.

Bineka e Lola enfrontaranse a unha complexa trama de corrupción e veranse abocadas a unha fuxida chea de aventuras que correrán en compañía de Colin Blackhill, un cooperante británico que se cruza no seu camiño e que axudará á nova congoleña a loitar pola conservación do seu mundo. Un vertixinoso thriller. Unha conmovedora alegación ecoloxista. Un canto ao conservacionismo e unha gran historia de amor na lendaria selva africana..

Está pasando!