As historias do Lobo de Area

Åsa Lind e María Elina Méndez


  • Editorial: Kalandraka
  • Tradución: Antón Lado
  • Temática: Aventuras
  • Número de páxinas: 112
  • Idade recomendada: a partir de 8 anos
  • Dispoñible en: galego, castelán e catalá

Xa están aquí as novas aventuras do Lobo de Area e da pequena Zackarina!

Se na primeira parte da triloxía a nena amosaba o seu enfado porque os seus pais non paraban de traballar e non tiñan tempo para ela, esta segunda entrega transcor re coa complicidade e coa atención dos adultos, mentres a protagonista segue medrando con novas experiencias e enriquecedoras leccións vitais: a amizade, os medos, a morte, a paciencia… sempre ao carón do seu mellor amigo, que a escoita, comprende e comparte con ela a súa sabedoría e desbordante imaxinación!

En «As historias do Lobo de Area» habitan os planetas divertidos, os recordos felices e tamén os máis amargos, fondas reflexiónssobre o tempo, a realidade e a condición humana, enfoques reconfortantes fronte á frustración e ao ímpeto infantil, a faíscaque acende os contos…

Está pasando!