Na estrada

Jack Kerouac


  • Editorial: Faktoría K.
  • Tradución: Xesús Fraga
  • Ilustración de cuberta: Adriá Fruitós
  • Temática: Aventuras
  • Número de páxinas: 424

Relato das aventuras dunha viaxe por Norteamérica a finais dos anos 40.

«Na estrada» foi a biblia da xeración beat; unha novela de culto e un clásico da literatura norteamericana do século XX que contribuíu a mitificar a famosa Ruta 66.

Traducida por primeira vez ao galego, séguense reeditando milleiros de exemplares do que a revista Time considera unha das cen mellores novelas en inglés do último século. A medio camiño entre autobiografía e monólo interior, cun ritmo espontáneo e improvisado, narra as tolas viaxes de Dean Moriarty -alter ego do seu amigo Neal Cassady- a bordo de Cadillacs prestados e Dodges destartalados. Canda el , os outros pasaxeiros son o narrador Sal Paradise, representado polo propio autor, o poeta Allen Ginsberg e o novelista William S. Burroughs.

Sal é un estudante deprimido e con aspiracións literarias que coñece a Dean no inverno de 1947 e axiña queda cativado pola súa actitude salvaxe e temeraria. Nese itinerario frenético percorren Norteamérica, dende NovaYork a Nova Orleans, pasando por Cidade de México, San Francisco e Chicago, experimentando todo tipo de aventuras con sexo, drogas, alcohol e jazz.

O resultado desa busca hedonista da liberdade, que cambiará para sempre as súas vidas, é un retrato dun estilo de vida bohemio no marco da América profunda, allea ao convencionalismo do establishment.

Está pasando!